Lourenzá, 5 de setembro de 2022. Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio. Ata agora contábamos cun Salón de Actos non moi grande e dotado de butacas, o que dificulta poder realizar nel moitos dos eventos que teñen lugar no concello. A creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen realizando (Gala do Teatro, conferencias, Comida da Terceira Idade, Mercado de Nadal, eventos das Escolas Deportivas,…) foi sempre para nós unha prioridade, e máis agora, cando as circunstancias do Covid requiriron do uso de espazos máis grandes”.
A rexedora municipal engadiu que “recentemente conseguiuse, dentro do programa de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais cofinanciados polo FEADER e a Consellería de Medio Rural, unha axuda por 47.700 euros, que nos permitiu acometer a substitución da cuberta existente de fibrocemento dunha das naves por outra cuberta nova de panel de sándwich. Decidiuse por tanto completar esa actuación e seguir mellorando esa nave do recinto feiral de cara a creación dun local multiusos e foi por iso que dispuxemos de fondos do remanente de Tesourería do Concello para poder facelo posible”.
Rocío López especifica que “a nave obxecto da actuación ten unha superficie de 1.928 metros cadrados e a intervención levouse a cabo nun terzo da mesma, quedando así dividida en dúas partes. A zona sobre a que se actuou ten unha superficie de 635 metros cadrados construídos. As obras constaron das seguintes partes: división interior da nave actual en dúas partes para adecuar o espazo a climatizar; mellora da envolvente térmica das fachadas e substitución das carpinterías existentes (ventás e portas); acondicionamento do chan cun pavimento laminado con acabado similar á tarima flotante; instalación eléctrica e de iluminación novas; e instalación dun sistema de climatización da nave e dun sistema de son no local multiusos resultante”.
A alcaldesa rematou destacando que “as obras están concluídas e este vindeiro sábado inauguraremos o recinto para disfrute de tódolos veciñ@s do municipio. Culminamos así unha actuación moi necesaria na nosa vila e que dará cobertura e permitirá albergar moitas das actividades que se desenvolven no municipio”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



