O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias, participaron na firma do acordo
Riotorto, 6 de outubro de 2022. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe a importancia de que as persoas de máis idade se manteñan activas para favorecer a autonomía persoal e un envellecemento saudable. Díxoo no acto de firma dun convenio co Concello de Riotorto, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para a realización de programas e actuacións dirixidos a previr e abordar situacións de dependencia.
A través deste acordo de colaboración, a Consellería de Política Social e Xuventude destinará este ano 30.000 euros para contribuír ao financiamento das actuacións que realice a administración local dirixidas tanto a mellorar a calidade de vida e benestar das persoas con dependencia como a promover a autonomía dos maiores residentes neste municipio lucense. Estas actividades desenvolveranse nas antigas escolas rehabilitadas como centros veciñais de que dispón o Concello.
Antón Acevedo sinalou que con este tipo de iniciativas, a Xunta aposta por favorecer o envellecemento activo tamén no rural, achegando aos maiores que residen nestas localidades os coidados que necesitan para que vivan onde vivan poidan pasar esta etapa das súas vidas sen saír da súa contorna e de acordo coas súas preferencias.
Coidados de proximidade
Como exemplo deste compromiso, o director xeral puxo o programa de Coidados porta a porta, que proporciona atención gratuíta en podoloxía, estimulación da memoria e audioloxía.
Así mesmo, referiuse ao novo impulso que o Goberno galego dará nos orzamentos de 2023 ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que leva atención profesional no ámbito sociosanitario ás casas de máis de 25.000 galegos; ou á Teleasistencia, que fai posible que con tan só premer un botón os maiores reciban a atención que precisan.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



