A Mariña, 6 de outubro de 2022. Do 22 de outubro ao 12 de novembro desenvolveranse na Mariña e en Ferrolterra seis xornadas de turismo slow, que terán lugar en Cedeira, Barreiros, nas Fragas do Eume ou a carón do río Sor.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta dos xeodestinos Mariña Lucense e Ferrolterra Rías Altas en resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozar do medio natural e coñecer e valorar a cultura e vida local.
No 2020 deseñáronse da man dos aloxamentos e empresas provedoras de actividades unha serie de experiencias de turismo slow que se poden ver na web deste proxecto (turismoslow.gal) e, este ano, de cara ao outono sae un pequeno programa de 6 actividades cunha selección de propostas entorno á natureza e o benestar que van desde rutas ata obradoiros. Unha das premisas do proxecto, e en concreto desta iniciativa, é o interese por desenvolver este tipo de xornadas relacionadas coa natureza, a gastronomía e a cultura local en temporada baixa, axudar así na desestacionalización e no desfrute mais pausado de todas elas.
As actuacións vinculadas a esta iniciativa, que teñen que ver principalmente coa coordinación e promoción do programa, están financiadas ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística na Mariña Lucense, co financiado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo e do convenio asinado entre Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra e a Axencia de Turismo de Galicia para o desenvolvemento das accións de turismo no 2022 no xeodestino Ferrolterra Rías Altas. As propostas buscan o equilibrio persoal en contacto coa natureza, así como achegar ao visitante á cultura local e os recursos turísticos e outras son de nova creación con motivo deste programa de outono.
As actuacións a desenvolver neste outono no marco do proxecto Experiencias de Turismo Slow correspóndense con 6 propostas dirixidas a distintos públicos que se organizarán en xornadas de 1 día ou de fin de semana do 22 de outubro ao 12 de novembro. Dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense o seu presidente, Fran Cajoto, agarda “poder continuar coa iniciativa durante a primavera. E gustaríanos que se sumasen máis negocios a esta proposta”.
As Experiencias de Turismo Slow arrincarán o 22 de outubro en Cedeira, cunha visita polo seu centro histórico, por Punta Sarridal e o Castro, polo camiño dos Peiraos cara San Antonio de Corveiro para gozar das súas vistas á ría e retorno ao porto.
Do 28 ao 30 de outubro terá lugar un obradoiro de fotografía creativa e slow no hotel Rías Altas, en Barreiros, que será impartido por Xaora Fotógrafos. Trátase dun curso presencial intensivo de iniciación á fotografía dixital pensado para persoas afeccionadas ou iniciadas á fotografía.
O 29 de outubro o protagonista será o río Sor. Os asistentes descenderán en kaiak e gozarán do silencio e dunha paisaxe espectacular.
Xa a fin de semana do 4 ao 6 de novembro en Os Tres Teixos, en Barreiros, os participantes asistirán a un programa de crecemento persoal, que ten como obxectivo desmantelar vellos e nocivos patróns de pensamento e conducta.
Para o 5 de novembro está programada unha ruta a cabalo a carón do río Sor atravesando paisaxes máxicas cheas de castiñeiros e carballos centenarios, sempre inmersos nunha vexetación de ribeira exuberante.
E o 12 de novembro desenvolverase unha camiñada gastronómica polas Fragas do Eume. A través dun paseo interpretativo polo bosque, os asistentes irán parando para probar os produtos locais da zona, culminando a experiencia nunha divertida e curiosa visita ao Mosteiro de Caaveiro e a súa contorna etnográfica.
Expectativas de futuro
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto de participación voluntaria para aquelas empresas de aloxamento que cumpran os requisitos e, sobre todo, que teñan a motivación e ilusión necesarias para participar nun proxecto colectivo deste tipo e que fagan un tripla compromiso: o ambiental, de sustentabilidade e coidado do entorno, o compromiso coa calidade dos aloxamentos e a profesionalidade das persoas responsables, e o compromiso co proxecto, que se refire á implicación e o interese pola consolidación do mesmo.
Na actualidade, participan no Turismo Slow Norte de Galicia un total de 52 aloxamentos, dos que 24 pertencen ao Xeodestino de Ferrolterra Rías Altas e 28 ao Xeodestino Mariña Lucense. Nestes anos, nos que a pandemia puxo de manifesto a importancia da relación co medio natural, os aloxamentos turísticos viron incrementadas as estancias medias das persoas aloxadas. Nestes últimos dous anos, o proxecto está incorporando á oferta tamén produtores e empresas de actividades que complementen as visitas turísticas. Desta idea das experiencias slow é de onde naceu este programa que se presenta agora.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



