A Mariña, 25 de outubro de 2022. O vindeiro sábado, 29 de outubro, seguirá A Mariña en Ruta cunha andaina por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Trátase dunha ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles permitirá aos participantes viaxar no tempo desde o seu orixe prehistórico ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico.
O percorrido levaraos ata Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques. E continuará ata a igrexa da Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que se converteu nun dos principais portos pesqueiros do país.
A actividade do pasado sábado, que discorreu por Alfoz, estivo centrada na explotación aurífera. Ao longo da historia existen diferentes momentos nos que se ten constancia de que os habitantes dos castros e os colonizadores romanos se dedican a esta actividade, na que empregaban o sedimento e as bateas, que lles axudaban a extraer as partículas de ouro. Tras unha breve explicación da historia aurífera de Galicia e da Mariña Lucense o xeólogo Fran Canosa amosoulles aos asistentes como limpar o sedimento e filtralo para que as partículas de ouro quedasen na parte inferior dos cubos.
Rutas de novembro
Por Valadouro, Lourenzá, Trabada, Foz e Barreiros seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro.
O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá).
O 12 de novembro: Trabada, camiñando ao pasado (Trabada).
O día 19 está programada unha visita ornitolóxica á ría de Foz.
E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma (Barreiros).
A cuarta edición de A Mariña en Ruta daba comezo o pasado 8 de outubro. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta Email: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono 644 009 722
Experiencias de Turismo Slow
Por outra banda, ata o 12 de novembro en Cedeira, Barreiros, Foz, nas Fragas do Eume ou a carón do río Sor ten lugar o programa Experiencias de Turismo Slow. Son seis propostas relacionadas co benestar e a natureza, que se desenvolverán nos territorios da Mariña Lucense e Ferrolterra-Rías Altas, que de xeito conxunto conforman o proxecto Turismo Slow Norte de Galicia.
Na Mariña Lucense haberá a vindeira fin de semana, do 28 ao 30 de outubro, un obradoiro de fotografía creativa e slow con pernoita no Hotel Rías Altas, en Barreiros, e da man de Xaora Fotógrafos. E do 4 ao 6 de novembro na casa rural Os Tres Teixos, en Foz, está deseñado un programa de crecemento persoal da man de Ana Saiz, psicóloga, acompañante emocional, terapeuta e escritora.
Toda a información e reservas das actividades poden realizarse en https://www.reservaonline.support/turismoslow/index.html




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



