Ribadeo, 25 de outubro de 2022. O director xeral de Comercio da Xunta, Manuel Heredia, visitou hoxe as instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, onde mantivo un encontro coa presidenta e co xerente do colectivo empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Manuel Heredia informou a Acisa sobre a marcha do Bono Activa Comercio da Xunta, campaña á que a día de hoxe hai preto de corenta negocios locais adheridos, dos que a maioría son socios da asociación ribadense. O director xeral de Comercio animou a clientes e comercios a aproveitar esta nova edición do Bono Comercio.
O director xeral de Comercio cursou despois visita a tres tendas: Ginzo Hombre-Mujer, La Coqueta e For Friends para coñecer de preto o seu funcionamento e a acollida que está a ter o Bono Comercio da Xunta.
Desde Acisa agradeceron a visita de Manuel Heredia e o apoio da Dirección Xeral de Comercio ao colectivo empresarial ribadense: “agradecemos que contaran con Acisa Ribadeo para presentar o Bono Activa Comercio na comarca da Mariña”.
Éxito das xornadas Asturias en Ribadeo
Desde Acisa valoran de xeito moi positivo as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebraron a pasada fin de semana. Carmen Cruzado comentou que “desde os locais participantes indícannos que esta quinta edición das xornadas foi un éxito. O ambiente foi espectacular tanto as noites do venres e do sábado como os mediodías do sábado e do domingo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou: “foron tres días de exaltación gastronómica para render homenaxe a Asturias, ás súas xentes e aos seus produtos. En varios locais esgotaron as existencias e noutros non deron abasto para atender a toda a clientela. Foi todo un acerto por parte da nova directiva recuperar esta actividade, que esperamos en próximas edicións poder facer cun formato mais completo”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



