Portos de Galicia ultima os traballos de renovación de defensas e morróns e ten comprometida tanto a renovación das luminarias con tecnoloxía LED como a reposición do firme no vial anexo á parede do dique que dá á terra
Burela, 17 de xaneiro de 2023. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou hoxe o porto de Burela onde a Consellería do Mar está a ultimar e ten comprometidas melloras por importe de máis de medio millón de euros, como a renovación de defensas e morróns, das luminarias con tecnoloxía LED e a reposición do firme no vial anexo á parede do dique que dá á terra.
Susana Lenguas detallou que o ente público está a finalizar os traballos de renovación de 56 novas defensas e cinco morróns de grandes dimensións para reforzar a seguridade da frota e mellorar as condicións de amarre. Esta actuación supón un investimento de 245.000 euros por parte de Portos de Galicia.
Ademais anunciou que o ente público prevé un investimento de 166.000 euros para a renovación de luminarias no porto, dentro do contrato global de dotación de tecnoloxía LED en diversas dársenas de todo o litoral galego. En total actuarase sobre 117 luminarias que serán inspeccionadas, renovadas e acondicionadas para o seu control telemático.
A maiores, a representante da Xunta sinalou que o porto de Burela é un dos que se inclúen no contrato que Portos de Galicia ten en fase final de licitación para a renovación de pavimentos deteriorados en diversas dársenas de todo o litoral galego.
Neste peirao reporase o firme de todo o vial anexo á parede do dique que dá á terra por valor de 96.000 euros.


















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



