O investimento ascenderá a preto de 140.000€ realizándose ao abeiro dun convenio coa área de deportes da Deputación de Lugo
Barreiros, 3 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros vén de anunciar un novo investimento nas instalacións deportivas municipais, consistente na renovación da cuberta do pavillón municipal, situado en San Cosme.
Este investimento, que se realizará ao abeiro dun convenio coa área de Deportes da Deputación Provincial, ascenderá a máis de 139.000 euros. Con estas obras preténdense solucionar os problemas de goteiras existentes en dita instalación, cuxa cuberta, de preto de 30 anos, presenta un importante estado de deterioro que non é posible arranxar.
O concelleiro de dinamización, Dani García, encargado da área de deportes municipal explica que nos últimos catro anos se investiron en arranxos en dita cuberta máis de 7.200 euros; sen que se lograse unha reparación eficiente da problemática; debido ao desgaste das chapas existentes.
Neste sentido, o proxecto realizado polos servizos técnicos municipais afrontou a necesitade de instalar unha nova cuberta que garanta as condicións necesarias para o uso do pavillón municipal sen incidencias de ningún tipo. Incorpora así a colocación de panel sándwich de aluminio de 70mm de espesor de illamento, a colocación de lucernario no pico da cuberta e ambos lados da mesma, de forma lonxitudinal, con pranchas de policarbonato de 80mm de espesor, os remates de cumbreira e perimetrais con chapa de aluminio, a instalación de canalóns interiores e a súa conexión coas baixantes existentes e os remates cos paramentos verticais de fachada.
A alcaldesa sinalou a importancia de afrontar este investimento nunha instalación que dá servizo a unha parte moi importante da poboación, xa que é utilizada a diario polas escolas deportivas municipais, polos equipos locais de fútbol sala e por asociacións deportivas. Ademais acolle en numerosas ocasións outro tipo de eventos sociais, como o pasado entroido que se trasladou a esta instalación por causas meteorolóxicas.
Ana Ermida quixo agradecer a disposición da área de deportes da Deputación, dirixida por Efrén Castro, que achegará a totalidade da axuda necesaria para levar a cabo dita obra. O Concello de Barreiros tamén solicitara axuda para este investimento á Xunta de Galicia, que non se fixo efectiva ao non existir liñas de axuda neste momento para tal fin.
En calquera caso, a alcaldesa manifestou a intención do goberno municipal de continuar realizando investimentos nas instalacións deportivas -coma o espazo do ximnasio municipal-, para mellorar e permitir o seu uso en condicións de seguridade, ao igual que xa se tramitou para a pista de pádel. Neste sentido, asegura que continuarán “buscando axudas de todas as administracións para poder afrontar investimentos que no caso do Concello de Barreiros son inasumibles en solitario. Por iso, tamén imos priorizando os mesmos en función dos servizos e das persoas beneficiadas polos mesmos.”




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


