A través da delegación de medio ambiente, realizáronse plantacións de árbores autóctonas en fincas municipais e creáronse espazos dedicados á permacultura nos recintos escolares “nunhas sesións prácticas e didácticas sobre fruticultura ecolóxica”
Cervo, 22 de marzo de 2023. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, conmemorou o Día da árbore programando diferentes actividades nas que involucrou á comunidade educativa, en concreto ao alumando de infantil e primaria dos dous centros da localidade, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz.
As actividades desenvolvéronse durante a mañá deste martes e mércores e consistiron na plantación de árbores autóctonas en parcelas municipais e na creación de espazos dedicados á permacultura nun terreo anexo ao centro –no caso do CEIP de Cervo- e no propio recinto escolar, no caso do CEIP Península da Paz, coa plantación de froiteiras ananas, como frambuesas ou arandos, e plantas aromáticas (tomiño, romeiro, lavanda…) “que fan unha función polinizadora importantísima e contribúen a reducir a pegada do carbono”, apuntou Méndez.
As plantacións de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, acivros,bidueiros, pradairos..)tivo lugar no caso do CEIP de Cervo no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, na senda botánica, e no caso do alumnado do Ceip Península da Paz, nunha finca municipal en Cuíña.
En Sargadelos, os/as nenos/as tamén tiveron a oportunidade de ver in situ e tamén de experimentar como se realiza o control ecolóxico de especies invasoras, como a acacia presente na zona.
Méndez quixo destacar o enriquecedor que resultaron estas xornadas medioambientais nas que vimos desfrutar moito aos pequenos que se iniciaron no concepto da permacultura co deseño destes espazos frutícolas ecolóxicos que agora coidarán a fin de que dean o seu froito.
A edil de Medio Ambiente destacou a importancia da colaboración institucional neste caso entre o Concello e os centros escolares co obxectivo compartido de inculcar o respecto ao medioambiente desde as idades máis temperás, a través destas iniciativas didácticas que forman parte da estratexia medioambiental do Concello de Cervo.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



