A Voceira socialista do Goberno destacou que nesta terceira edición “decidimos potenciar o programa subindo o orzamento nun 30% polo bo resultado que tivo nestes anos, o que nos permitirá desenvolver máis accións para dinamizar estes territorios”
Lugo, 21 de xullo de 2023. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a listaxe provisional dos 37 beneficiarios da liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva que convoca a institución provincial por un importe de 110.000€ para entidades sen ánimo de lucro asentadas ou que teñen o seu ámbito de actuación nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que nesta terceira edición do programa de subvencións, “que implantamos no pasado mandato, decidimos potencialo subindo o orzamento nun 30%, ata os 110.000€, polo bo resultado que tivo nestes anos, o que nos permitirá desenvolver máis proxectos de dinamización das Reservas da Biosfera”.
Estas axudas teñen por finalidade, subliñou García Porto, “apoiar proxectos vinculados ao medio ambiente e o rural que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios, e forman parte da estratexia que promovemos dende a institución provincial para favorecer o coidado das Reservas da Biosfera que xestionamos e, ao mesmo tempo, impulsar o seu desenvolvemento económico dun xeito sostible e contando co tecido social e produtivo da zona”.
En concreto, a institución provincial ten dúas liñas de axudas, destinando un total de 60.000€ para actividades na Reserva da Biosfera Terras do Miño e 50.000€ para a dos Ancares Lucenses, repartidos en axudas de entre 1.000€ e 7.000€ por cada proxecto presentado.
Na listaxe provisional aprobada na Xunta de Goberno de hoxe figuran iniciativas tan diversas como o acondicionamento de camiños, tarefas de conservación de contornas naturais, actividades con colexios para o desenvolvemento de hortos, dinamización agroecolóxica ou accións formativas. Nos vindeiros días publicarase a listaxe das entidades beneficiarias no Boletín Oficial da Provincia, e a partir desa data abrirase un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións.
Ampliación do uso dos hortos do Rato a 34 usuarios
A Xunta de Goberno de hoxe aprobou tamén ampliar as autorizacións do uso dos hortos urbanos do Rato a 34 dos 40 usuarios e usuarias destes espazos aos que está a piques de rematarlles a concesión. Trátase do segundo lote de ampliacións, tras o realizado o pasado marzo deste ano a 41 usuarios, “o que dá boa conta da boa marcha deste proxecto da Deputación, que reiniciamos o mandato pasado e co que estamos poñendo a disposición da cidadanía de maneira totalmente gratuíta espazos públicos para fomentar o lecer medioambiental, a agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables”, afirmou a Voceira socialista do Goberno.
Na actualidade, a Deputación de Lugo ten un total de 134 usuarios activos nos hortos urbanos do Rato, dos 150 dispoñibles. Neste senso, García Porto avanzou que está en fase de contratación o servizo de dinamización, posta en valor e mantemento das parcelas, e que no mes de setembro sairá ademais unha nova convocatoria para cubrir as que quedan libres, un total de 16 a día de hoxe.
Por outra banda, na Xunta de Goberno acordouse adxudicar o contrato para a dixitalización do Boletín Oficial da Provincia entre os anos 1984 e 2003 por un importe de preto de 17.000€.
En materia de contratación, tamén se adxudicou a prestación do servizo de mantemento integral das instalacións de protección contra incendios dos Centros de Atención de Maiores de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil. A empresa adxudicataria é Atende Servicios Integrados SL e o importe de adxudicación ascende a preto de 41.000€.
Así mesmo, saíu adiante a adxudicación dun contrato para o subministro dun camión 4X4 con caixa basculante para terra e cuña quitaneves, que se incorpora ao Parque Móbil en substitución doutro das mesmas características, e acordouse solicitar á Consellería de Medio Rural unha axuda de 40.000€ co fin de adquirir unha cisterna de xurro para a Granxa Gayoso Castro. A Deputación aportará os 60.000€ restantes para chegar aos 100.000€ que son necesarios para comprar esta maquinaria.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



