As mesas estarán atendidas por 1.599 membros e 450 representantes da Administración, ademais dun total de 1.088 efectivos, para asegurar o exercicio libro do dereito a voto
Lugo, 7 de xullo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu hoxe a coñecer a planificación da Subdelegación do Goberno na provincia para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo. Nesta cita electoral poderán participar e exercer o sufraxio cerca de 337.716 persoas, sendo 7.930 os novos electores que o farán por primeira vez e 69.086 os que o poderán facer dende o estranxeiro. A institución destina un orzamento de 555.833 euros aos custos derivados da loxística e a seguridade deste proceso electoral, encargándose de establecer os medios necesarios para permitir exercitar o dereito a voto e a transmisión de datos e cifras en canto a participación e escrutinio.
Nestes comicios, Lugo decidirá un total de 4 deputados e deputadas, e 4 senadores e senadoras. En total, proclamáronse 10 candidaturas ao Congreso e 9 ao Senado.
En canto a medios, na provincia haberá 533 mesas e cabinas repartidas en 400 colexios electorais. Se terá a disposición da cidadanía 1.066 urnas nas que poderán depositar o seu voto. Así mesmo, imprimíronse cerca de 3,4 millóns de papeletas para o Congreso e 340.000 para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 1.599 membros e por 450 representantes da Administración que se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.
Ademais, durante o día das eleccións, na Subdelegación de Lugo haberá persoal para solucionar calquera incidencia que poida xurdir en colaboración coa Xunta Electoral. Nesta liña, Isabel Rodríguez destacou o despregamento de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Policía Local para o exercicio libre do dereito ao voto, que contará cun total de 1.088 efectivos.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



