O portavoz nacionalista na corporación de O Vicedo, Miguel Gómez Fraga leva ao pleno esta iniciativa en favor do desenvolvemento social e económico de O Vicedo
O Vicedo, 26 de setembro 2023. O BNG vén de presentar no concello unha moción co obxecto de incentivar o desenvolvemento social e económico de O Vicedo, fixar poboación, mitigar as perdas do sector gandeiro, previr incendios e recuperar terreo agrícola.
Tal como manifestou Miguel Gómez “a actividade agraria e gandeira está a verse afectada polo prezo dos combustibles, pensos e abonos e demáis insumos, sen embargo o prezo dos produtos que estas actividades xeran non o fan en orixe”. Por eso o obxecto desta moción é que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura impulsen a declaración de Zona de Montaña para o concello de O Vicedo, porque cumple coas condicións esixidas na Lei de Agricultura de Montaña, porque tén vocación predominatemente agraria e concorren a circunstancias de altitude e pendente e no seu defecto, tal como dice a propia lei, existirían circunstancias excepcionais limitativas das produccións agrarias que as pode facer equiparables ás zonas de agricultura de montaña.
Beneficio para os gandeiros
Conseguir esta declaración de zona de montaña incrementaría ostensiblemente o que percibirían os nosos gandeiros e gandeiras e agricultores e agricultoras nas axudas da PAC.
Miguel Gómez Fraga incidíu tamén no feito de que concellos da contorna de O Vicedo coma Mañón, Ortigueira ou Cedeira son consideradas zonas de montaña, concellos que gardan as mesmas similitudes xeográficas e meteorolóxicas. “É difícil de entender que por exemplo un gandeiro de O Vicedo non teña esa catalogación nos seus terreos e do outro lado do río Sor sí o teñan”, afirmou.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



