O proxecto técnico está redactado e as obras contratadas desde setembro de 2022 pero a administración municipal aínda non obtivo os permisos de Costas do Estado nin puxo a disposición da Xunta os terreos
A Mariña, 15 de decembro de 2023. O deputado mariñán do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, lamenta que os datos veñan a confirmar o “bloqueo” do Goberno municipal de Foz á nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) e censura que esta falta de vontade política poña en risco un investimento millonario e moi necesario na localidade.
Balseiro explica que o convenio entre a Xunta e o Concello de Foz para executar esta infraestrutura hidráulica data do ano 2016. Nese acordo a administración autonómica comprometíase a redactar o proxecto técnico e executar a obra mentres que o Concello asumía a obriga de obter os permisos necesarios e os terreos para executar a nova EDAR.
“A realidade é que anos despois, a Xunta xa ten redactado o proxecto técnico e a obra está incluso contratada, desde setembro do ano 2022, pero o Goberno municipal aínda ten todas as súas obrigas pendentes: non hai terreos a disposición da Xunta, non hai expropiacións, non hai permisos, nin teñen a concesión por parte do departamento de Costas do Estado”
Para Balseiro é inaudito que cando a Xunta está disposto a correr con todos os gastos (só nos orzamentos da Xunta para 2024 están reservados 5,8M€) o Concello no sexa capaz de facer a súa parte e, por riba de todo, o alcalde se dedique a mentir e a non asumir unha responsabilidade aínda pendente.
O deputado mariñán pide ao Executivo local que “tome en serio este proxecto e asuman as súas obrigas e compromisos” porque a Xunta está en disposición técnica e económica de iniciar as obras da nova depuradora e non pode facelo porque o Concello non cumpre a súa parte. “Cajoto dende que era candidato leva demostrando que non quere avanzar no que deixou feito o goberno do PP”






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



