“O obxectivo é mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas, e tamén os centros educativos, como a escola infantil municipal e o CEIP Manuel Mato Vizoso”, explica a alcaldesa, Marta Rouco
Vilalba, 12 de febreiro de 2024. O Concello de Vilalba acometerá nove obras no casco urbano e as parroquias con cargo ao Plan Único 2024 da Deputación de Lugo, mellorando desta forma as infraestruturas públicas municipais.
“O obxectivo é mellorar a vida diaria dos nosos veciños e veciñas, e as instalacións dos centros educativos, como a escola infantil municipal e o CEIP Manuel Mato Vizoso”, explica a alcaldesa, Marta Rouco, que agradece “a implicación da Deputación de Lugo co noso concello”.
Ademais, o concello contratará a 8 traballadores e haberá unha aportación de 70.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), dos que 28.122,59 euros proceden da Deputación e 41.877,41 euros corresponden a unha aportación voluntaria do concello.
As obras previstas son a reforma do acceso e da cuberta do almacén do estadio municipal Madalena; a renovación do pavimento da pista do pavillón polideportivo do CEIP Manuel Mato Vizoso; unha obra de paso no lugar de A Ribeira, na parroquia de Samarugo, e as repavimentacións da rúa Conde Pallares e da travesía que une a avenida Terra Cha coa rúa Mondoñedo.
Tamén está prevista a instalación de aire acondicionado na escola infantil municipal; a mellora da rúa da praza da Constitución; a mellora da accesos ao barrio da Abelaira, na parroquia de Corvelle, e ao barrio de Picol, en Árbol; o pintado de varias rúas no casco urbano, e o subministro de luminarias solares.
As contratacións de traballadores/as serán de dous peóns de obras; un chófer de camión-palista; un xardineiro; un electricista; un administrativo; un técnico medio, e un técnico en turismo.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.


