Este acceso é o máis utilizado pola xente maior e con mobilidade reducida que ten que desprazarse en coche para ser atendida, pero o seu estado intransitable supón un risco para a súa integridade
Burela, 5 de febreiro de 2024. Dende O Vencello denuncian publicamente o estado que presenta o acceso ao centro de saúde pola rúa Suafonte e pedímoslle ao Concello que actúe dunha vez nesa contorna antes de que se produzan máis accidentes de peóns por mor da súa perigosidade.
Esta entrada ao consultorio presenta un estado lamentable, cunha chea de baldosas levantadas e movidas do seu sitio que poñen en perigo a integridade dos transeúntes e doentes -fundamentalmente xente maior con mobilidade reducida- que acceden por esta rúa en coche, cadeira de rodas e muletas ás consultas médicas e tamén para recibir os seus tratamentos periódicos (nesa área están asignadas as dúas prazas de aparcamento de acceso ao centro de saúde).
“O estado desta contorna é motivo de preocupación por parte destes usuarios e por iso levamos dende fai máis dun ano reclamándolle ao Concello en diversas reunións (ao anterior grupo de Goberno e tamén ao actual) que acometa dunha vez por todas os arranxos necesarios para solucionar este problema. Nunha deses reunións se nos dixo que os traballos estaban xa adxudicados, pero de momento aínda non teñen nada feito”.
Solicitude de Reunión
“Para abordar este e outros temas que consideramos de importancia solicitamos fai xa dúas semanas unha nova reunión coa alcaldesa, pero de momento aínda non temos recibido contestación de cando nos recibirá. Nesa xuntanza queremos exporlle tamén outras denuncias que a veciñanza nos transmite; coma son as condicións de atención ao público no Punto de Información Catastral”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



