O Presidente, José Tomé Roca, puxo en valor nunha reunión coa Alcaldesa, María Loureiro, a colaboración por 25.000€ que fai a institución provincial para a festividade relixiosa e a instalación da carpa para exhibir os pasos e a ourivería que sairán en procesión
Lugo, 7 de marzo de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con motivo da Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013. José Tomé destacou o compromiso da institución provincial co Concello na celebración desta cita relixiosa, á que achega 25.000 euros a través dun convenio de colaboración, pois “supón un revulsivo económico na provincia congregando a milleiros de visitantes nesta datas festivas”.
Grazas á colaboración da institución, a Xunta de Confrarías volverá a contar coa carpa Antesala dun Museo, onde se exporán algúns dos pasos e as pezas de ourivería que sairán nas procesións polas rúas da cidade do Landro. A carpa, que abrirá as súas portas a vindeira semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza de Jacinto Calvo, nas inmediacións da Igrexa de San Francisco.
Loureiro agradeceu ao Presidente o incondicional apoio da Deputación cada ano, que permite ao Concello “seguir colaborando coa Semana Santa para contribuír a acadar unha maior dimensión e proxeción dun dos grandes reclamos turísticos da Mariña Lucense e de toda a provincia”. Neste senso, apuntou que a Semana Santa viveirense move eses días a unhas 40.000 persoas, “coa repercusión económica que isto supón, e consegue unha ocupación hoteleira no municipio do 100%”.
A Semana Santa de Viveiro foi declarada no ano 2013 Festa de Interese Turístico Internacional, e é unha das celebracións relixiosas máis importantes e antigas de Galicia. Numerosos pasos, algúns articulados, de grande interese artístico procesionan polas rúas de Viveiro entre os que destacan o da Última Cea creado en 1808; o do Encontro acompañado das tallas da Virxe da Dolorosa, de San Juan e da Verónica; o Vía Crucis; ou a procesión da Soidade, conocida tamén como dos Caladiños que ten lugar na noite do Venres Santo acompañado de numerosos fieis con candeas encendidas no máis impresionante recollemento.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



