O Presidente, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración co presidente desta entidade, Jorge Manchado Rivero, para financiar os gastos correntes do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela
Lugo, 22 de xullo de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado Rivero, a través do que a institución provincial realiza unha achega económica de 15.000 euros a esta entidade para contribuír cos gastos correntes do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, un dos sete complexos dos que dispón este colectivo, que presta atención diaria a 25 usuarios e usuarias.
José Tomé sinalou que “dende a Deputación de Lugo somos plenamente conscientes da importancia de colaborar activamente con este tipo de entidades que demostran que o seu traballo é fundamental para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e usuarias e tamén das súas familias”. Nesta liña, o mandatario provincial subliñou que “o seu labor tamén contribúe a derribar os estigmas asociados ás enfermidades mentais”.
A Asociación Saúde Mental A Mariña empregará esta axuda da Deputación para o funcionamento do C.R.P.L de Burela, un complexo que se creou no ano 1999 e que presta atención diaria de luns a venres a 25 usuarios e usuarias. En concreto, esta colaboración diríxese á atención prelaboral das persoas do centro, na que se inclúen obradoiros de pintura, psicomotricidade, arteterapia ou estimulación cognitiva. Ademais, tamén reciben atención psicolóxica, con sesións individuais e grupais ou terapia familiar, así como diferentes actividades relacionadas coas habilidades sociais ou a vida diaria.
Grazas a esta axuda a asociación garante unha atención integral e personalizada dos seus usuarios e usuarias, facilita o desenvolvemento persoal aproveitando as súas capacidades, presta apoio ás familias e traballa nas habilidades esenciais para o desempeño dunha actividade laboral.
Asociación Saúde Mental A Mariña
Esta entidade nace no ano 1999 co obxectivo de asistir de forma continuada ás persoas que padecen enfermidades mentais, na comarca mariñá, e as súas familias, que precisan do coñecemento de diferentes ferramentas para facer fronte a diversas situacións. Ademais do C.R.P.L de Burela, a asociación dispón doutros seis complexos especializados cos que atende a preto de 150 persoas: un piso protexido e unha vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidades mentais en Burela, unha unidade residencial, onde se sitúa a sede social da entidade e unha residencia Resort en Cervo, e o C.R.P.L de Viveiro e o C.R.P.L de Ribadeo.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



