Viveiro 4 de xullo de 2024. Os independentes de Por Viveiro, facilitaron a aprobación dos orzamentos municipais de Viveiro no día de onte mediante a súa abstención. A condición principal que os independentes tiñan para a aprobación do orzamento era que todas as asociacións deportivas, culturais e sociais de Viveiro cobraran as axudas prometidas no ano 2023 e a mesma cantidade no ano 2024. De aprobarse os orzamentos presentados en decembro, a quita que se propoñía levar a cabo faría inviables moitas entidades as cales estarían en perigo real de desaparición.
Bernardo Fraga, portavoz dos independentes indicou “Estes non son os nosos orzamentos, non avanzan en absoluto no cumprimento do pacto de investidura que temos co goberno local, por iso non teñen o noso voto favorable, pero tivemos en conta que prácticamente toda a actividade cultural e deportiva de Viveiro está en asociacións e en clubes sen ánimo de lucro, que na súa inmensa maioría traballan de maneira altruista por Viveiro, e non deben ser eles quen paguen a mala xestión económica do goberno municipal no ano 2023. Por iso dende Por Viveiro nos mantivemos firmes estes meses, ata que a garantía de manter as axudas foi real e se plasmou así no documento orzamentario”
Os independentes no pleno tamén criticaron que os Orzamentos Municipais non teñen nin unha sola política novedosa, son totalmente continuistas cos anteriores e non buscan mellorar a a nula capacidade inversora coa que contamos. Partimos de menos 390.000€ que o goberon gastou de máis o ano pasado, nun ano electoral de descontrol económico, situación que lastra o día a día do concello. Resultou realmente sorprendente que o BNG, que tanto falaba de cambios e novidades na acción de goberno faga seguidismo dun PSOE ao que criticou duramente nos últimos catro anos por facer presupostos similares aos que onte se aprobaron






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.



