A directora xeral de Patrimonio Natural visitou hoxe as instalacións da Gandería Casabella Luaces
A Pastoriza, 4 de setembro de 2024. A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para garantir o equilibrio e a convivencia entre a actividade gandeira e a protección do lobo fronte ao desleixo do Goberno central, que segue sen transferir ás comunidades autónomas os fondos para compensar e previr os danos que esta especie causa ao sector primario.
Nesa liña, Marisol Díaz subliñou que aínda non se produciu o traspaso de fondos correspondentes a 2024, cuxo reparto se acordou na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente celebrada o pasado mes de xullo e polo que a Galicia lle corresponden 2,2 millóns de euros para medidas de prevención e 1,8 millóns de euros para danos.
Ademais, cómpre lembrar que en 2022 o reparto foi inxusto coa comunidade por non apoiar a estratexia nacional, polo que Galicia interpuxo un recurso contencioso-administrativo que aínda non se resolveu. E, a maiores, o ano pasado non se chegou a facer esta distribución dos fondos entre as comunidades por problemas internos do Executivo central. Polo tanto, Galicia aínda non ingresou os 12 millóns de euros que lle corresponderían do período 2022-2024, o que supón un importante prexuízo para o sector gandeiro afectado e para a propia Xunta.
Con todo, tal e como indicou a directora xeral, o Goberno galego continúa apoiando ao sector gandeiro coa convocatoria de axudas para paliar as consecuencias dos ataques do lobo -cun orzamento de preto de 613.000 euros para 2024- e para implementar medidas preventivas -máis de 1,9 millóns de euros este ano- como a compra de cans protectores, pastores eléctricos, cercados móbiles, instalación de valados fixos ou a contratación de coidadores para protexer o gando.
De feito, a Gandería Casabella Luaces, que hoxe visitou a directora xeral, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu desde 2021 máis de 12.300 euros en axudas tanto para compensar danos causados polo lobo como para a adopción de medidas de prevención -pastores eléctricos, cercados móbiles e valados fixos-.
A maiores, Marisol Díaz fixo fincapé na necesidade de que o Goberno central revise o nivel de protección do lobo co fin de adaptalo á realidade actual en cada zona. Galicia conta na actualidade con algo máis de 90 mandas de lobos que o ano pasado atacaron máis de 2.800 reses, cos correspondentes custos para os gandeiros.
Por iso, a Xunta considera que o estado do lobo non é desfavorable e agarda que o Executivo central rectifique a decisión de incluílo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) atendendo aos últimos datos dispoñibles para evitar que siga dificultando o equilibrio entre a especie e o sector gandeiro galego.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



