O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións da firma lucense Himikode para coñecer unha novedosa solución tecnolóxica orientada á industria alimentaria do sector do café, que foi beneficiaria desta liña de axudas
Lugo, 14 de outubro de 2024. A Xunta fomenta a innovación nas pequenas e medianas empresas a través do programa DeseñaPeme, que na actual convocatoria destina 281.600 euros a apoiar novos proxectos que mellorarán a competitividade de cinco firmas da provincia de Lugo.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, visitou na capital lucense a empresa Himikode Tech, beneficiaria de 75.000 euros na anterior edición para consolidar unha innovadora solución tecnolóxica orientada á industria alimentaria do sector do café que opera na canle Horeca (hoteis, restaurantes e cafeterías).
A firma desenvolve o sistema Hkcoffee, que dixitaliza as máquinas de café e permite unha xestión máis eficaz ao monitorizar os datos de consumo, facilitar o mantemento preventivo dos equipos e controlar en tempo real a calidade de todo o proceso.
Himikode é unha empresa de base tecnolóxica fundada en 2018 en Lugo que traballa en produtos e servizos TIC enfocados ás empresas do sector agroalimentario. Foi unha das pemes participantes na aceleradora de innovación especializada no sector agroalimentario Business Factory Food (BFFood), promovida polo Clúster Alimentario de Galicia e a Xunta co obxectivo de impulsar proxectos innovadores no ámbito da industria alimentaria.
Arias salientou que o programa DeseñaPeme busca axudar ás empresas galegas a mellorar a súa capacidade de innovación a través do financiamento de novos proxectos ou plans de deseño.
As cinco firmas lucenses beneficiarias na edición de 2024 pertencen aos concellos de Lugo (2), Viveiro (2) e Castroverde. Co apoio da Xunta desenvolverán iniciativas nos ámbitos agroalimentario, forestal e das TIC.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



