Ribadeo, 19 de outubro, 2024. Este sábado, 19 de setembro ás 19 horas no Salón dous Alcaldes do Pazo do Concello de Ribadeo, Alberto Valín, profesor da Universidade de Vigo, presentará coa compañía dos coñecidos mariñáns: o exalcalde e cronista oficial de Ribadeo Eduardo Gutiérrez Fernández, o xornalista Martín Fernández Vizoso, a historiadora, a Dra. en Historia da arte, Celia Castro Fernandez e o editor de EOditorial Publicacións Antonio Andina Penabad, o libro titulado Galicia e a Masonería no século XIX. Conspiración liberal, laicismo, galeguismo rexionalista e protofeminismo.
Trátase dunha obra que, entre outras moitas cousas relevantes para a historia de España, como para a de Galicia, representa un excelente exemplo de como foi a historia da masonería española desde o seu inicio ata a crise colonial do ano 1898. O descubrimento máis relevante desta obra foi a nova técnica de golpe de estado liberal que, en febreiro de 1820, e utilizando unha logia masónica coruñesa como cédula revolucionaria conspiradora, composta por tres militares mariñáns (dous de Viveiro, e o outro de Ribadeo e, por certo, con residencia familiar este último no vello pazo que hoxe serve de palacio municipal e onde se presentará este libro), dous asturianos e dous da Coruña, conseguiron estes masones, coa revolución que provocaron, concederlle á historia de España o advenimiento do Trienio Constitucional (1820-1823), copiándolle esta nova técnica de golpe de estado o resto das burguesías subversivas de Europa e de Sudamérica.
Despois deste acontecemento, este libro fálanos, por exemplo, das loitas laicistas, tanto no ámbito escolar como no ámbito político, que levaron a cabo os masones galegos, a participación dentro da masonería dos primeiros galeguistas como Losada Astray, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Moreno Barcia etc. Ademais de mostrar un exemplo descoñecido ata o de agora de masonería rural e ser, tamén, a masonería galega a primeira, a nivel universal, en levar a cabo o igualitario feminismo masónico.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


