Xove, 16 de outubro, 2024. No pleno ordinario celebrado onte día 14 tratouse como punto mais relevante, o incremento do imposto de bens e inmobles (IBI).
Subida de imposto proposto polo grupo de goberno (PP) e que supón un incremento considerable a todos aqueles propietarios cuxo valor catastral supere o 350.000€
Isto afecta en exclusiva a Alcoa cun incremento que ronda os 200.000€ anual, xa que o coeficiente a aplicar pasa do 0,6% actual o 1,16% aplicable aos bens inmobles de natureza urbana e uso industrial.
Aprobause un índice de 1,3% para bens inmobles características especiais cos votos a favor do PP e BNG e o voto en contra da concelleira Socialista, Rogelia Mariña.
O grupo Socialista de Xove, votou en contra por entender que “non están os tempos para subir impostos, e en concreto isto que afecta directaménte A Alcoa, que está nun momento difícil indicando que ten pérdidas, e estase discutindo si retoma a produción ou se vende, e incluso coa posibilidade de pechar”.
Non entendemos esta decisión do Goberno Local, que parece que non lle chegan os cartos, sendo a súa política de istos últimos 16 anos practicamente e de nulas inversións apesare de ter unhos ingresos moi superiores os del calquer concello de estas características.
Asómesmo a mensaxe que se transmite a posibles empresas que poidan estar estudando instalarse en Xove e totalmente negativa, polo que a sensación e que no goberno de Xove non hai ninguén o volante,






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



