Onte durante a comparecencia do vicepresidente da SEPI na comisión de investigación do Senado sobre o caso Ábalos-Koldo
Madrid, 27 de novembro de 2024. O Senador lucense José Manuel Balseiro aproveitou a comparecencia do vicepresidente da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) na Comisión de investigación do caso Koldo, na tarde de onte, para reprocharlle que o Goberno poña diñeiro para rescatar á empresa do “socio” da muller de Sánchez, Air Europa, ou á aerolínea venezolana Plus ultra e non faga o mesmo con Alcoa San Ciprián, a pesar de ser unha industria estratéxica.
Balseiro lembrou que a fábrica da Mariña é a única en España que produce aluminio primario e a principal industria electrointensiva do país e, a pesar de que levan tempo pedindo a intervención da Sepi no seu apoio -con mesmo diversos acordos das Cortes Xerais nese sentido-, o Ministerio de Facenda fai oídos xordos.
O senador de Cervo terminou afirmando que observa con bastante desconfianza o feito de que o Goberno Sánchez rescate “unhas empresas si e outras non” e cre evidente o interese político do PSOE nos polémicos rescates das aerolíneas que están a ser obxecto de investigación polos tribunais.