Os deputados populares recordan que o principal problema que afecta a Alcoa é o prezo da enerxía “sobre o que o Goberno de España ten a competencia”, sendo necesario un marco enerxético estable e un prezo asequible do que si dispoñen outros países europeos para que a nosa industria electrointensiva compita en igualdade de condicións
Lugo, 27 de novembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a postura tomada por PSOE e BNG de posicionarse en contra de apoiar aos traballadores de Alcoa e da continuidade da actividade da factoría na Mariña ao votar contra a moción do PP que pedía instar ao Goberno de Pedro Sánchez a convocar a mesa de seguimento do acordo de Alcoa de forma urxente, autorizar os parques eólicos vencellados a subministración de enerxía á planta e a desenvolver medidas para garantir a viabilidade da fábrica: aumentar ata o máximo permitido para as industrias electrointensivas as axudas por compensacións de CO2 e articular liñas de axudas públicas, igual que outras empresas consideradas estratéxicas para o Estado.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, denuncia que con esta postura, dende o goberno provincial queren manter “a situación de incerteza” de Alcoa nun contexto no que o Ministerio leva meses sen convocar a mesa de seguimento do pacto no que están representados a empresa, os traballadores e as administracións públicas.
A convocatoria da mesa de seguimento “é fundamental” para entre todos os actores implicados acadar a continuidade da factoría e dos postos de traballos. “O Goberno central seguen sen convocala, esa é a realidade”, sinalou.
“A realidade é que o principal problema é o prezo da enerxía e o Goberno de España ten a competencia. Falta un marco enerxético estable e un prezo asequible do que si dispoñen outros países europeos. Necesítase para que compitan en igualdade de condicións co resto da industria electrointensiva europea”, concluíu.
Dende o Grupo Provincial Popular recordan que os propios representantes dos traballadores manifestaron o seu malestar “porque dende o Goberno central nin dende o Ministerio fixeron nada por solucionar o problema, é máis, afirman que o propio ministro nin se puxo en contacto cos traballadores”.
MELLORA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS DA ZONA SUR
Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a falta de coherencia do PSOE e do BNG que votaron en contra dunha iniciativa que reclamaba o arranxo das estradas da Deputación nos concellos da zona sur da provincia “mentres os concelleiros de PSOE e BNG neses mesmos municipios votan a favor das iniciativas do PP para mellorar o mantemento das carreteras provinciais, ou incluso as presentan eles mesmos”.
Antonio Ameijide recorda que esta é a principal reclamación dos veciños da provincia en 66 dos 67 municipios da provincia. “Todos os concellos teñen a rede viaria da Deputación en mal estado, agás o concello no que goberna José Tomé que as ten en perfecto estado de revista”, sinalou.
Para os populares é fundamental desenvolver un plan para a reparación, mellora e mantemento das vías provinciais como están a reclamar de xeito reiterado á vista das queixas que lles trasladan alcaldes, portavoces e os propios veciños, neste caso os veciños dos municipios do sur da provincia – como Bóveda, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober ou Carballedo, por citar algúns – que ocasionan trastornos diarios aos usuarios ao dificultar a súa mobilidade e, ademais, a conexión dos visitantes con puntos de interese turístico da Ribeira Sacra.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



