A decisión de rearmar aos 27 estados da UE, proposta pola Comisión Europea, alicérzase nun investimento conxunto de 800.000 M€ (650.000 M€ de fondos estatais que non computarían para o cumprimento das regras de estabilidade orzamentaria e 150.000 M€ de créditos da UE aos Estados Membros-EM-) e ten a súa orixe na decisión da extremista Administración Trump de non asumir a defensa europea e pactar paz e modus vivendi en Ucrania co réxime autoritario ruso de Vladimir Putin.
Vai por bo camiño a EU? Semella que non, porque a decisión non está alicerzada nunha diagnose de perigos e feblezas e nunha análise de recursos e fortalezas. Mais convén que analisemos polo miúdo os dous elementos que moven Europa-disque- cara ao rearme. A -cando menos- parcial deserción dos EUA e a entidade, real ou imaxinaria, do suposto perigo ruso.
Os EUA da Administración Trump usarán o seu poder (quer o hard power militar, quer o soft power do comercio e da diplomacia) para os intereses da súa proposta política MAGA (make America great again), é dicir, nesta altura da historia universal, para atrasar a decadencia dos EUA como superpotencia, agora moi vencellada á propia falla de cohesión da cidadania norteamericana a respecto dun feixe de valores democráticos e civilizatorios básicos. Nese contexto vaise desenvolver moi axiña unha ríspida guerra comercial entre EUA e a EU, parcialmente amortecida nos primeiros anos polo gasto militar europeo en provedores dos EUA até que a EU desenvolva campións rexionais nas áreas tecnolóxicas que precisa a súa defensa. Neste contexto a OTAN que coñecemos dende 1990 vai sufrir unha mutación fulcral e a EU non terá outra ca artellar unha política de defensa conxunta e autónoma. O problema da defección dos EUA pódese converter nunha grande oportunidade para a Europa .
Canto á Rusia de Putin, constitúe de verdade unha ameaza a respecto da UE? Non falta na opinión pública europea quen lle atribúe, con parte de razón, á OTAN a responsabilidade a respecto dalgunhas das reaccións militares rusas dos últimos anos. A propia República ucraína, dende unha lexítima prevención á rusificación dos zares e do PCUS soviético, esqueceu abrir a man ás minorias rusófonas e alicerzouse ás veces en minorias chauvinistas que abriron as portas á agresión rusa de Crimea e á guerra encetada en febreiro de 20202. Sexa como for, o agresor de 2022 é Rusia e isto non ten volta de folla, sendo ademais evidente a falla de respecto do exército de Putin a respecto da poboación e infraestruturas civis ucraínas ao longo desta malfadada guerra.
Vixente un acordo na Ucraína (que vai ser vantaxoso para Rusia coa complicidade de Trump) que seguridades teñen os nosos socios europeos Finlandia, as tres repúblicas bálticas, Polonia ou Moldavia de non ser agredidos por Rusia, que agora defende que Groenlandia pertence ao espazo vital dos EUA? Cal é o espazo vital ruso no que acredita Putin? Ninguén lembra a agresión doa zares dende Piotr o Grande a primeiros do século XVIII contra Suecia e a confederación lituano-polonesa que determinou a anexión de Finlandia, grande parte de Polonia, os países bálticos e Ucraína e as sucesivas políticas de rusificación? Tampouco as agresións de Stalin a Polonia e Finlandia no 1939, a anexión das repúblicas bálticas no 1940, a ocupación militar de medio continente europeo no 1945 e maila represión dos movementos de liberación democráticos húingaro-1956- e checo e eslovaco-1968-? Por desgraza unha agresión expansionista rusa cara ao seu Occidente non é, para nada, improbábel.
Mais, quere isto dicir que acerte a Comisión Europea co seu improvisado paquete financeiro e coa súa desaquelada publicidade medoñenta do kit de supervivencia? Non, de non ser que se tente desenvolver unha operación de enxeñaría financeira que destine recursos a fins pouco transparentes e moi lucrativos para determinadas elites de Bruxelas.
Os riscos da defección EUA e da agresión rusa requiren que Europa reaxa. Mais non cara ao rearme dos 27 EM, senón cara á autonomía estratéxica europea que o que precisa é unha única política de defensa que coordine as distintas forzas armadas nun único sistema de defensa cívico-militar. Abordar o rearme dende os EM europeos e non dende a propia UE (e dende o seu propio orzamento) determinará o desbalde de moi importantes recursos, no canto de optimizalos nun único sistema de defensa como ferramenta dunha autonomía estratéxica. Un exército europeo ou, polo menos, unha coordinación europea da defensa significa menos gasto militar
E, neste contexto, cómpre lembrar algúns números. Os EM da UE achegan arestora 1,5 M fronte a pouco máis dun millón de militares rusos. Os EM da UE investiron (ollo, non contamos co Reino Unido) no ano 2023 279 mil M USD na súa defensa fronte aos 109 mil M de Rusia no mesmo ano. Moito antes que impor porcentaxes do PIB ou definir números por Estado cumpriría estudarmos as necesidades dende a pescuda da autonomía estratéxica e a coordinación europea da política de defensa cara un único exército europeo. Ver o que temos no seu conxunto e non por partes.
Cómpre, tamén, reivindicar un enfoque europeo moito máis defensivo ca ofensivo. Enfoque que non só é máis barato senón que , ao priorirzarmos a IA, a ciberseguranza, os satélites e maila protección das redes eléctricas e de telecomunicacións e das infraestruturas terrestres, as resultas deste investimento tamén lle dará pulo ao conxunto da economía e afortecerá as nosas tecnoloxías. Porque a autonomía estratéxica europea significa tamén contratarmos provedores europeos.
Dende a perspectiva galega é evidente que unha única política de defensa europea determinará unha vía cara á autonomía estratéxica europea con capacidade de mobilizar recursos tamén para fins civís e constituirá a única ferramenta eficaz fronte a un rearme xeral dos EM da UE que afecte ao noso Estado do Benestar. Para máis, a peor opción para os intereses de Galicia sería hoxe o rearme das Forzas Armadas españolas e mañá situalas no centro das políticas públicas, mesmo impoñendo outravolta algún xeito de servizo militar obrigatorio, totalmente innecesario na perspectiva europea.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



