O Goberno galego consolida o seu compromiso con este municipio mariñao, no que nos dous últimos anos investiu case 1,7 millóns de euros
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciará na primavera deste ano a pavimentación da explanada do porto deportivo de Viveiro e a substitución das luminarias por dispositivos LED. Así llo trasladou o conselleiro, Alfonso Villares, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, á alcaldesa deste municipio, Mariña Gueimunde, nunha reunión de traballo, coa que a nova rexedora iniciou a rolda de contactos con outras administracións para atraer investimentos que permitan reactivar este municipio mariñao. Concretamente, o Goberno galego destina a estas dúas actuacións máis de 215.300 euros, que se distribúen do seguinte xeito: máis de 95.300 para a explanada e 120.000 para o proxecto eléctrico.
Villares, que aproveitou a ocasión para felicitar en persoa a Gueimunde, quen vén desempeñando dende o ano 2023 o posto de xefa territorial de Mar na provincia de Lugo, tamén asumiu o compromiso de poñer en marcha a que é unha das prioridades da rexedora nestes intres: a rehabilitación e humanización do peirao vello. Deste xeito, ambas partes acordaron que un equipo de Portos de Galicia se desprazará a Viveiro na vindeira semana co fin de coñecer a situación e proceder á redacción do proxecto de acordo entre ambas partes.
Pendentes de Costas
No transcurso do encontro, coincidiron en sinalar que a Consellería non pode proseguir co proxecto de ampliación do dique de abrigo, que está en tramitación ambiental e administrativa, debido a que o departamento de Costas do Estado continúa sen facilitar a documentación necesaria para que a administración autonómica dea continuidade ao procedemento administrativo e executar esta actuación, que ten un investimento previsto de 1 millón de euros. A este respecto, a alcaldesa adiantou que remitirá un escrito ao departamento estatal, co fin de desbloquear o proxecto.
Compromiso con Viveiro
A Consellería do Mar mantén así o seu compromiso con este municipio, no que se asenta un dos portos de máis envergadura do Cantábrico. Concretamente, nos últimos dous anos, este esforzo inversor elevouse aos case 1,7 millóns de euros, cos que se executaron os seguintes proxectos: ampliación de pantaláns, rehabilitación da nave de redes, renovación de firmes e pavimentos e mellora da iluminación da zona norte.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



