Con este acto dende o BNG e a FGS intentase socializar o pensamento político de Castelao
Vilalba, 30 de marzo de 2025. A escritora e divulgadora Marta Dacosta destacou na conferencia organizada polo BNG e a Fundación Galiza que, 75 despois da súa morte, existe aínda unha débeda de recoñecemento con Castelao e insistiu na necesidade de difundir a figura íntegra do nacionalista. No acto, que se enmarca dentro do programa organizado con motivo do Ano Castelao, reivindicouse a súa condición como primeiro presidente de Galiza.
A conferencia de Dacosta que tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba contou coa participación do responsábel local Xabier Novo que destacou o amplo programa que o BNG está a desenvolver con motivo do Ano Castelao por todo o país porque, segundo dixo, “é necesario difundir a súa figura na súa integridade, a dimensión inmensa dese brillante artista, escritor, investigador que, segundo el mesmo dicía, era fundamentalmente político”. Neste sentido, Novo lamentou que nesta conmemoración se estea a ocultar a súa condición de político nacionalista e criticou que o voto en contra do PP e a abstención do PSOE impedise o seu recoñecemento oficial no Parlamento Galego como primeiro presidente lexítimo de Galiza, o que propuña o BNG por se poñer á fronte do Consello de Galiza, o goberno galego no exilio.
Do mesmo xeito, Dacosta destacou que é preciso poñer o foco no pensamento de Castelao que traslada a verdadeira trabe de toda a súa obra: a defensa dos dereitos e o amor a Galiza e o nacionalismo que preside a súa praxe e a súa teoría política. No acto, lamentouse que “se continúe a teimar deturpar a súa figura ocultando ou negando a súa clara condición nacionalista, o que deixa a vista que a súa figura aínda é incómoda”. Por iso, reivindicou o seu “legado político, a súa xenerosa e brillante obra e a súa traxectoria de compromiso co noso país que teñen que ser guía para continuar defendendo os nosos intereses, os das clases populares e tamén as loitas de liberación nacional no mundo e de costas á orde internacional que impoñen as grandes potencias colonizadoras que é a grande lección que nos deixou”.
A divulgadora tamén nos convida a poñer as gafas lilás para ler e ver a obra de Castelao, “poñer as gafas lilás para ler Os vellos non deben namorarse, ou para mirar a maior parte dos seus debuxos”
Recoñecer a Castelao como referencia fundamental para o proxecto político e ideolóxico do nacionalismo e imprescindíbel para entender a historia de Galiza e un líder indiscutíbel dunha dimensión e integridade únicas. “O nacionalismo galego ten desde a súa reorganización unha guía clara que foi o seu maxisterio e o seu libro Sempre en Galiza, coa defensa da necesidade de crear organizacións propias e a urxencia de ampliar as bases até construír un gran movemento de masas, o mesmo obxectivo que animaba o Partido Galeguista de Castelao e Bóveda” reivindica Marta . Destaca así que Castelao é unha figura clave sen a que o nacionalismo galego non sería hoxe o proxecto transformador de defensa de Galiza que é, seguindo a lección que Castelao expresou dicindo que “o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos”.
Cun amplo programa de actos, o BNG e a FGS están a poñer o foco na traxectoria do que consideran unha “das principais figuras da nosa historia, fundamental para entender o nacionalismo de hoxe”. Distintas personalidades coñecedoras da figura de Castelao como Francisco Rodríguez, Pilar García Negro,Manuel Rei ou Xoán Carlos Garrido Couceiro participan no ciclo de conferencias que se desenvolve ao longo de todo o país xunto con outras iniciativas de promoción e difusión neste ano en que se cumpre o 75 aniversario do seu falecemento.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



