Adrián Vázquez: “Se nega os fondos a Altri, quedará en evidencia que ten máis interese en prexudicar ao Partido Popular que en beneficiar a Galicia e que lle importa máis o futuro do señor Besteiro e da señora Pontón que o futuro dos galegos e galegas”
Lugo, 30 de marzo de 2025. Os eurodeputados do PPdeG, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, apelan ao respaldo que a Unión Europea deu á tramitación do proxecto de Altri por parte do Goberno galego para demandar a Pedro Sánchez que non obstaculice o acceso aos fondos europeos e á conexión eléctrica que a empresa necesita poder iniciar a súa actividade.
“O Goberno central xa non pode esconderse en palabras ambiguas nin continuar de perfil: ten que actuar para apoiar este proxecto que supón unha gran oportunidade para a modernización e o desenvolvemento económico de Galicia”, insiste Millán Mon recordando que os fondos Next Generation aos que opta esta iniciativa dependen do Executivo estatal.
Vázquez, pola súa banda, lembra que o BNG tentou parar o proxecto en Bruxelas e varias veces a Comisión Europea tivo que pararlles os pés a eles. E, nesta liña, sostén que “poucos argumentos poderán atopar en Madrid para parar un proxecto que é viable e seguro e que ademais conta co aval europeo”, e apela á responsabilidade de Pedro Sánchez fronte as “presións” que poida recibir do seu propio partido e dos seus socios. “A pelota está no tellado de Sánchez”, sentenza.
“Se nega os fondos a Altri, quedará en evidencia algo que xa sabiamos: que ten máis interese en prexudicar ao Partido Popular que en beneficiar a Galicia e que lle importa máis o futuro do señor Besteiro e da señora Pontón que o futuro dos galegos e galegas”, sostén cualificando esta hipótese como “intolerable”.
Ambos parlamentarios coinciden en reivindicar que o proxecto de Altri é “un bo medio de innovación industrial e creación de emprego” e subliñan a necesidade de que “cumpra os requisitos legais e medioambientais”. De aí que celebren como primeiro paso a declaración de impacto ambiental que, partindo de criterios obxectivos, foi aprobada favorablemente e se apoia en 34 informes por parte de 42 técnicos.
“NON É UN CHEQUE EN BRANCO E NUNCA O FOI”
O pontevedrés Francisco Millán Mon explica que “isto non é un cheque en branco e nunca o foi”. Máis ben todo o contrario: “Altri terá que cumprir as numerosísimas condicións adicionais que esixen os informes da Xunta de Galicia e que, nalgúns casos, van máis alá da lexislación vixente”.
Un “traballo rigoroso dos expertos” que, na súa opinión, contrasta coas “críticas xenéricas e sen substancia” da esquerda. Un punto de vista que comparte o seu compañeiro do Deza no Parlamento Europeo: “Fronte ao ruído, Galicia conta cun Goberno que funciona e que se toma en serio o emprego, a sustentabilidade ambiental e a competitividade da nosa terra”.
Agora que “a avaliación rigorosa levada a cabo pola Xunta acredita que estamos a falar dun investimento seguro en termos ambientais”, os eurodeputados do PPdeG poñen o foco na responsabilidade do Goberno central e critican a postura amosada pola oposición durante todo este tempo.
“O BNG, as súas asociacións e toda a esquerda en xeral están mobilizados contra este proxecto. Pero non por verdadeiras cuestións de fondo, senón por claros intereses partidistas e prexuízos ideolóxicos”, sostén un Millán Mon ao que non sorprenden estas críticas dos que “sempre estiveron e estarán en contra de todo”.
Adrián Vázquez, na mesma liña, indica que tanto o independentismo galego como “os restos do PSdeG” sempre se van queixar a que cheguen investimentos a Galicia “digan o que digan os estudios de avaliación ambiental” porque “viven da confrontación e están moi cómodos no canto peor mellor”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



