Os burelistas puxéronse por diante nunha gran segunda parte, pero viron como se lles ían os tres puntos con dous goles dos culés a 27 e 10 segundos da conclusión
Burela, 29 de marzo, 2025. Un sobresaínte Burela FS deixou escapar con vida de Vista Alegre a un Barça que entrou nos últimos 30 segundos por detrás no electrónico, pero dous goles xogando con porteiro-xogador, o segundo a tan só 10 segundos do final nunha acción de verdadeira mala sorte de Charly, bastábanlles aos cataláns para levar un triunfo (3-4) que xa saboreaba a tropa de David Rial despois de realizar un grandísimo segundo tempo e de anotar no encontro un par de goles espectaculares por mediación de Charly e Rikelme ante un pavillón ateigado de público.
O primeiro tempo comezou cos culés adiantándose no minuto 3 cun tanto de Dyego, que quedaba só ante Kaluza e non fallaba executando unha boa definición. Ao gol respondía Araya cun disparo potente no que metía as pernas Dídac e practicamente non habería máis ocasións de perigo ata o empate, que chegaba nunha gran acción entre Rikelme e Charly no minuto 7. O conxunto culé perdía un balón no centro da cancha, o brasileiro conducía e cedía para Charly que, só ante Dídac, picaba con moita calidade para poñer as táboas no marcador.
Co encontro circulando polo ecuador da primeira metade, Pitero non chegaba por moi pouco no segundo pau a unha asistencia de Alberto e despois tería dúas ocasións moi claras o Barça. Na primeira tiña que meter un gran pé Kaluza nun disparo cruzado moi perigoso de Adolfo e na segunda Antonio atopábase cun dos paus da portería burelista. Os culés asediaban por momentos o marco laranxa e o meta internacional polaco volvía aparecer para desbaratar un disparo desde fóra da área de Matheus, pero xa non podería evitar o segundo máis tarde ante Sergio González. Á saída dun córner, unha falta de entendemento da zaga mariñá era aproveitada polo barcelonés para rematar só de cabeza a menos de dous metros do marco local. Conseguía despexar Kaluza en primeira instancia, pero o rexeite volvía quedar franco para o barcelonés e ao final terminaba anotando o segundo da tarde para o seu equipo.
Ás portas do descanso, Araya gozaba dun man a man que resolvía Dídac e na acción de estratexia posterior Isma non chegaba por moi pouco a un balón ao segundo pau. O fonsagradino sería o que pechase o primeiro período cun disparo sobre a bucina que ía camiño da escuadra, pero que sacaba Dídac cunha gran estirada.
O Burela foise a pola remontada na segunda metade e durante varios tramos foi superior ao cadro blaugrana. Araya avisou no segundo minuto, pero o seu remate era despexado por Dídac e posteriormente Kaluza, nun disparo de Pito, e Isma, metendo o pé nun lanzamento de Dyego que se ía para dentro, evitaban o 1-3.
E xusto cando se cumpría o décimo minuto de xogo da segunda entrega chegaban os mellores minutos dos laranxas, que igualaban no 30 nun contragolpe finalizado por Juninho, logo de que o lanzase Araya e o brasileiro recibise de Pitero. Alberto e Quelle buscaron completar a remontada, pero o disparo do santiagués era atallado por Dídac e o do burelés íase desviado. Non fallaría Rikelme, que anotaba o 3-2 nunha acción de panos brancos. O brasileiro executaba unha fantástica ruleta para marcharse do seu compatriota Dyego e batía a Dídac cun disparo que pegaba nun dos paus e íase para dentro. A remontada estaba completada e Vista Alegre entraba en éxtase.
Con cinco minutos por disputarse, o técnico visitante, Tino Pérez, solicitaba tempo morto e apostaba por Matheus como porteiro-xogador. Defendeuse ben o cadro local nos catro primeiros minutos, cun remate moi alto de Sergio González e un balón de Dyego que paraba coa cara Kaluza tras un libre indirecto na frontal. Con todo, cando a bancada local xa empezaba a saborear a vitoria, o desenlace foi moi cruel para o Burela no último medio minuto de encontro. Adolfo remataba a pracer no segundo pau un gran envío de Eric Martel cando restaban 27 segundos para o bucinazo final e a 10 da conclusión era Charly o que cortaba un pase culé con tan mala sorte que acababa metendo o balón na súa portería. Neses 10 segundos finais, os Pícaros xa non conseguían responder e tentar equilibrar un doloroso 3-4.
Ficha Técnica Burela FS 3-4 FC Barcelona
Burela FS (3): Kaluza; Isma, Alberto, Rikelme, Pitero -quinteto inicial-, Araya, Juninho, Charly, Quelle e Marc Campàs.
FC Barcelona (4): Dídac; Antonio, Adolfo, Dyego, Matheus -quinteto inicial-, Sergio Lozano, Eric Martel, Sergio González, Pito e Eric Martel.
Goles: 0-3, min. 3: Dyego. 1-1, min. 7: Charly. 1-2, min. 16: Sergio González. 2-2, min. 30: Juninho. 3-2, min. 35: Rikelme. 3-3, min. 40: Adolfo. 3-4, min. 40: Charly.
Árbitros: Almeida León (Canarias) e Carrión Álvarez (Castilla-La Mancha). Amoestaron ao local Araya e ao visitante Dyego.
Incidencias: Encontro da vixésimo terceira xornada da Primeira División masculina disputado nun pavillón de Vista Alegre cheo ata a bandeira.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



