Os próximos venres 28 de marzo e 4 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá dúas obras de teatro: ‘O Dragón de Ouro’ e ‘Gloria Nacional’
Burela, 25 de marzo de 2025. A Casa da Cultura de Burela acollerá dous espectáculos teatrais nas próximas semanas, dirixidos ao público adulto. Estas representacións ofrecen unha oportunidade para reflexionar sobre temas de actualidade a través do teatro, combinando narrativa simbólica e realismo social.
“Desde a Concellería de Cultura seguimos apostando por unha programación escénica diversa e de calidade. Así, traemos dúas propostas teatrais que, ademais de entreter, convidan á reflexión”, asegura Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura.
O venres 28 de marzo, ás 21:00 h, Sarabela Teatro representará ‘O Dragón de Ouro’, unha obra escrita por Roland Schimmelpfennig que sitúa a acción nun edificio de varios pisos en Europa.
O argumento xira en torno a un mozo chinés que traballa no restaurante The Golden Dragon e que, debido a unha intensa dor de moas, vese obrigado a aceptar unha solución improvisada polos seus compañeiros, xa que non conta con permiso de residencia nin cartos para ir ao dentista.
“Cunha posta en escena intensa e conmovedora, esta obra aborda temas como a inmigración, a explotación laboral e a desigualdade, ao tempo que entrelaza as historias doutros residentes do edificio”, explicaba a concelleira. Entre eles, un ancián que desexa volver ao pasado, a súa neta embarazada que afronta as ruínas da súa relación de parella e un comerciante que obriga a unha moza chinesa a prostituírse. Tamén inclúe a fábula da cigarra e a formiga, que representa unha crítica á explotación e á indiferenza social. A entrada para esta representación terá un custo de 5 euros.
Ademais, o venres, 4 de abril, ás 21:00 h, Teatro Noroeste traerá a escena ‘Gloria Nacional’, escrita e dirixida por Eduardo Alonso e representada polas actrices Luma Gómez e Manuela Varela, e o actor Miguel Pernas.
“ Este espectáculo pon o foco na política e na identidade, cun humor intelixente que nos fai cuestionar moitas realidades do noso día a día e con actores e actrices dun gran nivel” destacaba Gómez.
Esta obra ofrece así unha reflexión sobre o papel do arte e da cultura na sociedade actual, a través da figura de Uxío Rodas, un recoñecido escultor e pintor que se atopa en plena crise creativa.
Uxío Rodas, considerado unha auténtica “gloria nacional” polos seus contemporáneos, ten as súa obras nos mellores museos internacionais. Porén, atópase apartado da civilización no seu estudo, intentando concentrarse nun encargo monumental feito polo goberno do seu país: unha escultura que simbolice a nación. Durante este proceso, recibe a visita do seu representante e da ministra de cultura, o que desencadea un debate sobre a relación entre arte, mercado e política. O prezo da entrada para esta obra será tamén de 5 euros





















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



