Ribadeo, 23 de maio de 2025. A Concellería de Benestar Social organiza, coa colaboración da asociación Afammer, un ciclo de cursos sobre saúde, que se desenvolverán de maio a outubro.
A edil Elena Sierra explica que “el primero tendrá lugar el próximo lunes, 26 de mayo, será sobre primeros auxilios y las plazas para asistir están cubiertas. El martes, día 27, tendremos un curso sobre primeros auxilios pediátricos de 16 a 21 horas en el centro sociocomunitario de Ribadeo, en el que se abordarán cuestiones como las intoxicaciones, las picaduras, las erupciones cutáneas, las reacciones alérgicas o las convulsiones. Y el 29 de mayo nos ocuparemos de la prevención de accidentes domésticos”.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, conta que “el 10 de junio tendremos un curso sobre prevención y detección de conductas aditivas en menores; el 22 de septiembre abordaremos trastornos en la adolescencia y prevención del suicidio; y el 13 de octubre hablaremos de resolución de conflictos”.
Sierra anima a participar: “consideramos que las temáticas que vamos a analizar son interesantes para ayudarnos en nuestro día a día, de ahí que animemos a la ciudadanía de Ribadeo a asistir”.
As persoas que desexen acudir a estes cursos poden inscribirse no Concello de Ribadeo de xeito presencial ou a través do seguinte número de teléfono 982 128 650.
Estes cursos enmárcanse no Plan de Corresponsables da Federación de Mullures do Rural da provincia de Lugo Afammer, grazas ao convenio de colaboración asinado por este colectivo coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



