O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A cerimonia celebrouse no marco da programación das Festas do Carme que organiza este municipio mariñán do 11 ao 17 de xullo. A este acto, que continuou coa tradicional ofrenda floral e a procesión, tamén asistiu o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto, membros da corporación municipal e numerosos veciños e veciñas e visitantes.
