Barreiros, 6 de agosto, 2025. O pasado sábado 2 de agosto tivo lugar no teleclube sede da asociación de veciños A Parrala, da Rilleira, o primeiro pase da cinta ‘O barco de vapor de Bill Jr.’.
A presentación foi seguida con interese polo púbico asistente, que ó final desfrutou asemade dun momento de distensión cunha merenda aportada por A Parrala.
A lembrar que a película Steamboat Bill Jr., protagonizada por Buster Keaton, é muda e entrou xa no Dominio Público, co que se lle puideron modificar libremente as cartelas de texto, cousa que realizou José Manuel Ventoso, quen deixa tamén o resultado no Dominio Público. A cinta estará en breve a disposición para ser proxectada noutros lugares.
amarinha.gal adianta que o próximo evento do ciclo ‘Soberanía dixital’ está previsto que teña lugar na biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo o día 19 de setembro, tendo como tema a ‘Contralgoritmia’, o movemento que tenta limitar o poder dos algoritmos que nos dirixen e discriminan no mundo dixital.