Foz, 8 de agosto de 2025. O Foz Club de Tenis, en colaboración co Concello de Foz, organiza o XXVII Torneo de Tenis Vila de Foz, que se celebrará nas pistas de Marzán entre o 15 e o 24 de agosto. A competición inclúe categorías individual e dobres absoluto, mixto e xoves promesas. A inscrición está aberta nos teléfonos 619.60.44.95 e 609.91.91.13 ata o luns 11 de agosto.
Na presentación participaron directivos e membros do Foz Club de Tenis; o alcalde, Fran Cajoto; e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández.