No último artigo “Un país coa súa língua” analisamos o documento do mesmo título que ven de presentar o Consello da Cultura Galega(CCG).Un documento, como dicíamos, alicerzado nunha metodoloxía novidosa que tenta ofrecer unha base común para todos os axentes políticos, sociais, económicos e Administracións Públicas para que cada quen poida desenvolver e verificar os resultados das accións que execute en cadanseu ámbito de actuación. Unha metodoloxía de análise que moi dificilmente poderá cuestionar na orde científica a Xunta.
Cómpre debullarmos aqui algunhas das propostas concretas máis novidosas e, quizais, prometedoras, desta análise propositiva do CCG. Na área sectorial da gobernanza e planificación, canda criterios xerais de organización e xerarquización funcional das políticas de normalización salienta o artellamento de canles técnicas coa Administración do Estado e co Poder Xudicial para acadar unha plena interoperabilidade documental e dixital e maila promoción xeral do plurilingüismo na Administración do Estado en interfaces, procedementos e plataformas comúns. Esta medida uniríase na área sectorial da infraestrutura dixital e tecnoloxías lingüisticas, coa plena operatividade en galego das aplicacións Atenea (usada na Administración de Xustiza para elaboración e xestión documental; obtela axiña en galego é o alicerce de calquera política de normalización do galego na xustiza) IANUS (acceso ás historias clínicas das persoas usuarias da sanidade pública galega), Cinfo (IA e tecnoloxía de video) e Gacela (xestión da enfermaría) canda o uso da IA na transcrición, xeración documental e apoio administrativo en galego.
Na mesma área da gobernanza reclámase un financiamento estábel e plurinanual, o que é absolutamente fulcral para desenvolver políticas serias. O que non ten financiamento blindado, plurinaual e estábel non existe na axenda pública. Cómpre lembrar que o proxecto de Orzamentos da Xunta só orzamenta uns 13 M€ para o 2026, mentres o orzamento aprobado polo BNG e PSdeG para o 2009 atinxía os 21,7 M€.
Esta proposta financeira vai acompañada dunha proposta específica no eido do servizo público establecendo unha rede pública de servizos de normalización lingüística-SNL_ (e específicamente SNL de seu para a administración de xustiza e para a administración sanitaria galega) con criterios comúns e financiamento estábel.
Na área da contratación pública e calidade do servizo introdúcense as cláusulas lingüísticas na contratación pública, como esixencia de provedores e contratistas, así como a introdución de unidades xudiciais en galego e a operatividade en galego coa fiscalía, notariado e corpos de seguranza pública.
En vindeiros artigos analisaremos as propostas máis salientábeis desta análise propositiva do CCG no ámbito da educación, sociedade, cultura, economía, medios de comunicación públicos e privados, turismo e deporte.
A arrincadeira. O soberanismo galés derrota aos extremistas do Reform UK de Farage na elección parcial de Caerffili
O xoves 23-Ou os nacionalistas galeses do Plaid Cymru, cun 47,6% dos votos, gañaron o escano da elección parcial de Caerffili ao Parlamento galés cun… 47,6%! fronte ao 36% da extrema dereita antieuropea e antigalesa de Farage. Os laboristas, históricos gañadores deste escano, obtiveron só un 11% dos votos, mentres os conservadores quitaron un 2% e os verdes e mailos liberais demócratas cadanseu 1,5%.
Gales e Escocia celebrarán o 7 de maio de 2026 cadansúas eleccións nacionais para cadanseu Parlamento. Na actual dinámica de afundimento de conservadores e laboristas semella que os soberanistas do Plaid Cymru e do Scottish National Party poden ser as forzas arredor das que se nuclee o voto demócrata e progresista. Como ven de pasar agora no distrito de Caerffili.


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



