Viveiro, 11 de novembro, 2025. Onte pola mañá a Xunta de Galicia daba a coñecer os finalistas dos Premios Galegos de Comercio 2025, que buscan recoñecer e poñer en valor ós profesionais do sector e no caso das Asociacións de comerciantes, destacan as iniciativas de dinamización comercial que realizan ó logo do ano para contribuír o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades.
Os premios serán entregados nunha gala que terá lugar en Santiago de Compostela este mércores 12 de novembro, á que asistirán a secretaria da asociación Cristina Rodriguez Suárez e a xerente Isabel Méndez.
Isabel Méndez, xerente do CCHV indica que “Esta nominación como finalistas nos Premios Comercio 2025 foi recibida con sorpresa pero á vez con moita alegría, xa que no ano 2024 tamén estivemos nominados, o que nos converte na única asociación de comerciantes de Galicia en ser finalistas durante dous anos consecutivos”
É un recoñecemento ó traballo que realiza a asociación, á constancia, á adaptación ó cambio e ós novos hábitos de consumo, á modernización ata as novas tecnoloxías, e a poñer en valor o factor humano do comercio local. Así o reflexan as campañas presentadas, que polas características tan singulares destas iniciativas servíronlle á asociación para optar a estas nominacións.
O Centro Comercial Histórico de Viveiro, que no próximo mes de marzo cumprirá 23 anos dende a súa constitución, destaca por ser una asociación moi dinámica, que desenrola gran número de iniciativas ó longo do ano, e da servizo a mais de 130 negocios da área urbana de Viveiro. Unha asociación consolidada, que aposta por un proxecto de modernización e dixitalización, que fai que sexa punteira en Galicia no seu ámbito.
Ó longo destes anos foron moitas as iniciativas postas en marcha, con gran aceptación por parte dos clientes, como a campaña do Shopping Weekend ou coñecida tamén como a campaña do 20%, o sorteo de Nadal, que ano tras ano enche a Praza Maior, a Feira de Stocks, o Comercio na rúa, o mellor empregado do mes ou o Juepeo. Todo có fin de reforzar o noso compromiso cós clientes e cós negocios asociados, intentando transmitir o necesario que é mercar no comercio local e as vantaxes que supón.
A Directiva destaca que “Temos que poñer en valor as compras no comercio de proximidade, onde o trato é persoal e cercano, con asesoramento profesional, artigos de calidade e a prezos moi competitivos. Pero sobre todo, dan vida ás nosas vilas, están preto, sen necesidade de desprazamentos, e ofrecendo o que en ningures poden ofrecer: un Centro Comercial Aberto que invita a pasear, desfrutar das súas rúas é o aire libre”.
“Pero non nos centramos unicamente en campañas promocionais, senón que ó longo do ano prestamos apoio e colaboración a distintas organizacións da zona que realizan actividades culturais, deportivas, medioambientais ou proxectos sociais. Unha asociación comprometida cós seus veciños, intentando mellorar a economía local, mantendo centos de postos de traballo e dando vida ás nosas rúas, o comercio dunha vila é o reflexo da vida do mesmo, e temos que dinamizalo constantemente”.
Cristina Rodriguez do CCHV: “Esta nominación anímanos a seguir traballando aínda con máis ilusión. Gracias á Xunta de Galicia e especialmente á Consellería de Comercio por destacar iniciativas como a nosa. E sobre todo gracias a tódolos comerciantes e empregados que fan posible a continuidade do comercio de cercanía”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



