O acto central e simbólico “Unha vela por ti”, terá lugar o mesmo martes 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza dos Campos
Cervo, 20 de novembro do 2025. O Concello de Cervo vén de presentar a programación institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data na que se fai un chamamento á unidade social e ao compromiso colectivo para erradicar esta lacra. O cartel da campaña recolle o lema “Unha vela por ti”, símbolo de memoria, acompañamento e esperanza e foi presentado esta tarde pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, por representantes das ANPAS e da comunidade educativa, da asociación Mujeres en Igualdade de Cervo e da asociación Saúde Mental A Mariña que colaboran no programa.
O martes 25 de novembro, ás 19:00 horas na Praza dos Campos, terá lugar o acto central “Unha vela por ti”, que incluirá a lectura de manifestos, ademais dun acto solidario cuxa recadación se destinará á Vivenda Tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da Asociación Saúde Mental A Mariña. A xornada completase coa actuación musical de Verónica Cambón.
A programación inclúe tamén actividades específicas para a comunidade educativa. O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistirá á obra “Os soños de Adelina”, do Grupo de Teatro A Mariña, que se representará:
O día 25 ás 12:30 horas no Ceip Península da Paz
O día 26 ás 12:30 horas no Ceip de Cervo
A alcaldesa destacou que “desde o Concello de Cervo reafirmamos o noso compromiso firme e decidido na loita contra a violencia de xénero, poñendo no centro ás vítimas e á prevención. O 25N é unha data para lembrar, visibilizar e avanzar xuntos cara a un futuro libre de violencia”.
O Concello convida a toda a veciñanza a participar nos actos programados e a acompañar ás mulleres que sofren ou sufriron violencia, facendo comunidade e facendo conciencia.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



