Foz, 20 de novembro de 2025. Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro, o Concello de Foz, a través da Delegación de Muller e Igualdade, organiza, durante este mes e o de decembro, un programa de actividades para conmemorar esta data, con diversos talleres relacionados coa muller, ademais de actividades didácticas dirixidas ó alumnado do centro educativo IES de Foz. Anunciouno a concelleira Ana Rojo.
A edil delegada de Muller e Igualdade especifica que “para dar inicio á campaña, e como acto simbólico e de reivindicación, colocarase unha pancarta contra a violencia de xénero, no edificio do Concello porase un lazo morado e farase o acendido das luces da mesma cor morada, como símbolo de loita contra a violencia de xénero. Seguidamente levarase a cabo unha concentración e lectura do manifesto institucional o día 25N ás 18:30 horas diante a praza do Concello. Conmemoramos así o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema Non camiñas sola, movémonos contigo. Ó remate do acto gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas”.
O xoves día 27, en horario de 17:30 a 19:30, na cuarta planta de Servizos Sociais, “organizaremos un taller de solo pélvico impartido pola matrona María González Cociña, directora do Centro M. Burela. Neste taller aprenderemos a importancia de exercitar e tonificar o solo pélvico, con sesións prácticas (dirixido a mulleres de todas as idades de Foz). Para participar hai que anotarse, chamando o teléfono de Servizos Sociais, que é o 982.13.35.66”, engade a concelleira.
O xoves 4 de decembro, en horario de 17:30 a 20:00, haberá un taller de perimenopausia, no salón de actos do Cenima, no cal “resolveranse dúbidas ademais de proporcionarnos recursos ou ferramentas fáciles de aplicar diariamente, como suplementación, exercicios e alimentación, con sesións en vivo. Será impartido pola mesma profesional, María González Cociña, e no hai límite de idade”, explica Ana Rojo, quen tamén anuncia que “como remate da programación do 25N, contaremos co documental de Mabel Lozano Chicas Nuevas 24h e unha exposición de fotografía sobre a trata e a explotación sexual de mulleres e nenas. Estará a disposición do público en xeral, na sala de exposicións do Cenima do 15 o 31 de decembro. O documental proxectarase ó público o día 19 en horario de 18.30 a 19.30 horas. Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia), en colaboración co Concello de Foz”.
Os días 17 e 18 de decembro, no salón de actos do Cenima, desenvolverase unha programación para o alumnado do centro educativo IES de Foz, a partir de 14 anos en adiante: actividades didácticas con talleres interactivos de prevención e sensibilización sobre a trata e a captación de nenas e mulleres, prostituídas, escravizadas e maltratadas pola violencia machista. Haberá ademais visitas guiadas e visionado do documental Chicas Nuevas 24h
“Foz é un pobo comprometido coa igualdade e coa loita contra todas a formas de violencia contra a mulleres, por iso a implicación e moi importante. Cada xesto por pequeno que sexa conta, cada persoa que participa nestas actividades, envía unha mensaxe clara de que no noso municipio non hai espazo para a violencia. Animamos a cidadanía a participar activamente destes actos e mostrar así o rexeite e repulsa ante todas as formas de violencia, negacionismo e banalización das violencias contra a muller, que con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero conmemoramos en Foz”, destaca a concelleira de Muller e Igualdade, que remata comentando que “o cartel para anunciar estas actividades foi feito por un alumno do IES de Foz. Cada conmemoración do 25N e do 8M personalizaremos e visibilizaremos a concienciación do noso alumnado de todos os centros educativos, con temas tan relevantes na nosa sociedade. Toda vez que rexeitamos e condenamos a violencia de xénero, axuntando esforzos para erradicala e incidindo na importancia da educación en igualdade de xénero e a concienciación social”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



