A conselleira do Mar clausurou as XXIX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro
Viveiro, 29 de novembro de 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo en valor na clausura das XXIX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que estes días se celebraron en Celeiro, a necesidade de que a nova Política Pesqueira Común (PPC) sitúe ás rexións e aos axentes socioeconómicos do sector ¨no centro¨ para evitar decisións descentralizadas e focalizadas só no eixo ambiental, e evitar así poñer en risco a actividade marítimo-pesqueira. Trátase, segundo advertiu, de “que se conte coas rexións nas decisións relativas á pesca no marco da Unión Europea” e de garantir a sostibilidade dos recursos sen comprometer o futuro económico, social e laboral das comunidades costeiras.
Precisamente, esta é unha das prioridades que está a defender Galicia e que é o resultado “do diálogo fluído coa cadea mar-industria e co alto comisionado de pesca europeo”. Unha posición que é decisiva para dar resposta, en paralelo, aos novos retos que afronta o sector, como son a remuda xeracional, a reformulación da obriga de desembarque, a descarbonización ou a renovación da frota, e que así se recolle, por exemplo, no Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses.
Artes de fondo
En palabras da conselleira, a PPC tamén ten que basear a xestión pesqueira na disposición do mellor coñecemento científico dispoñible para evitar decisións como a que afecta ao veto ás artes de fondo nas 87 zonas do Atlántico nororiental, interpretada pola Xunta e o sector “como unha decisión arbitraria, tomada sen aval científico e se análise do impacto socioeconómico sobre a frota europea”. Esta determinación provocou a reacción da Administración autonómica, primeiro, sendo parte coadxuvante en apoio ás demandas presentadas pola OPP-7 de Burela e as 16 compañías armadoras galegas recorrentes; segundo, participando no recurso de casación logo da decisión do Goberno central de recorrer ambos fallos, na súa condición de demandante privilexiado; e terceiro, coa decisión de seguir avogando por unha ponderación motivada do interese de protección do medio mariño cos intereses dos profesionais do mar. A este respecto, Villaverde subliñou que “desde a Xunta agardamos que a Comisión Europea corrixa a súa postura e levante o veto que afecta ao 25% dunha frota galega que está a perder máis de 216millóns de euros ao ano”.
Fempa
E é que de nada serve repensar a PPC se non se dispón dun Marco Financieiro Plurianual específico que dea resposta ás demandas do sector. Neste senso, a titular de Mar reiterou o rexeitamento da Administración autonómicas á proposta da CE que inclúe un recorte orzamentario do 67 % dos fondos europeos para a pesca. “É inaceptable que trinta anos despois vexamos comprometido por primeira vez a existencia dun orzamento propio e independente para atender á xente que vive do noso mar”; postulado que, lembrou, “se recolle no Ditame elaborado e aprobado por unanimidade dos membros do Consello Galego de Pesca e que eu mesma lle entreguei a pasada semana ao Comisario en Bruxelas”.
TACs e cotas
Estando a dúas semanas da celebración do Consello Agrifish, no que se deciden os TACs e cotas para o ano 2026, a titular de Mar defendeu que o reparto das posibilidades de pesca deben basearse na recuperación científica dos stocks e no impacto socioeconómico sobre as frotas e as comunidades costeiras. A este respecto, considera necesaria a coordinación entre as rexións, que debe ir acompañada dunha política pesqueira ben financiada e evitar recortes drásticos nos topes de especies clave como a xarda, o lirio ou o abadexo.
Economía Azul
Coa clausura da responsable autonómica, a vixésimo novena edición destas xornadas chegou este sábado ao seu fin. Ao longo destes tres días, destacados responsables da Consellería do Mar participaron en diversos relatorios. Precisamente, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, abriu o programa de hoxe, e fíxoo disertando sobre a importancia da Economía Azul en Galicia e a acción da Xunta neste senso,. A Xunta aprobou o pasado ano a súa Estratexia propia para o período 2024-2027, que recolle 40 medidas que mobilizarán máis de 144 millóns de euros.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



