A Mariña, venres 14 de novembro 2025. O BNG vén de facer públicas as emendas que desde as distintas localidades formularon ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2026. Para os nacionalistas, a proposta da Xunta no que tén que ver coa Mariña é maís do mesmo de anos anteriores, donde os investimentos concretos nos concellos pouco pasan dos 18 millóns de euros, a todas luces insuficientes para as necesidades dos municipios mariñaos, que cada vez están asumindo máis competencias impropias coma no resto do país. As emendas do BNG ascenden ao montante do do doble desa cantidade. “Estes orzamentos son un non á Mariña por parte do Partido Popular, e fronte a eso nós decimos que A Mariña merece máis¡” afirmou o deputado mariñao Daniel Castro.
Vivenda, solo industrial e emprego
En materia de vivenda, formulan a recompra de inmobles baleiros para vivenda pública en Foz, donde consideran necesario o incremento do patrimonio público de vivenda, nun concello afectado polo altísimo incremento do prezo da mesma tanto de aluguer coma de compra, máxime nunha comarca donde proliferan as vivendas de uso turístico. Tamén proponen a construcción de vivendas de promoción pública no Valadouro, donde o concello dispón xa de terreos ao efecto. Solicitan tamén que se execute xa o programa REXURBE en Mondoñedo, xa que se están incumprindo reidteradamente os prazos dados pola propia concellería.
Tal como se demanda desde o sector empresarial é necesario máis solo industrial para crear emprego e inversión, por eso desde o BNG demandan poñer a disposición das empresas solo industrial para xerar postos de traballo e crear riqueza que potencien e dinamicen a economía mariñá. E neste sentido, demandan solo industrial para Barreiros, A Pontenova, Muras e O Valadouro. Vinculado con estas propostas, demandan tamén un Plan de Emprego para A Mariña que desde hai anos sofre a desaparición de varias empresas.
Sanidade, infraestruturas e ciclo integral da auga
En materia de sanidade, e xa a nivel galego, o BNG propón uns importantes investimentos para reverter a situación na atención primaria e apostar por un novo modelo. Demandan a recuperación do 2º técnico de emerxencias sanitarias para a ambulancia medicalizada (SVA) con base en Foz que dá servizo a toda a comarca, e que foi suprimido polo Partido Popular no 2019. Demandan tamén a creación dunha praza de enfermeirx especialista en obstetricia-xincoloxía en Foz, así como unha praza de nutricionista no seu centro de saúde.
A respecto do ciclo integral da auga proponse financiamento para a EDAR de Barreiros, o saneamento da parroquia de Suegos, no concello de O Vicedo, a mellora da rede de abastecemento de auga e a modernización da ETAP de Viveiro, a mellora da rede de abastecemento de auga no concello de Xove. Tamén se propón a limpeza e drenaxe do embalse do Río Baos en Lourenzá para garantir a captación de auga para consumo en condicións óptimas.
Nas infraestruturas destaca a emenda relativa á VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol, para axilizar a súa construcción, dado que os 4 M€ que a Xunta contempla todos os anos ademáis de ser insuficientes, nunca se executan. Demandan tamén a reparación integral, ampliación e mellora da estrada LU-161 (Viveiro, Ourol, O Valadouro).
Educación
En canto a infraestruturas educativas, demandan para Burela obras de cuberta e peche das pistas polideportivas do CEIP Vista Alegre e do IES O Perdouro, a mellora de accesibilidade no CEIP Os Castros e no IES O Perdouro, a mellora na eficiencia enerxética en todos os centros, e obras de reforma estrutural no IES O Perdouro, e reparación do valado exterior.
Demandan tamén a creación de oferta formativa no IES de Foz (especialmente vinculada ao eido da hostelería/turismo) e proponse reformular o estrepitoso fracaso do programa “Retorna Talento”, creando un ciclo atractivo no IES.
Creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro
Os xulgados de Viveiro están entre os máis saturados de Galiza e superan nun 200% a carga de traballo, provocando retrasos co conseguinte perxuizo para os maís de 45.000 mariñaos e mariñás de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz, polo que a creación dun terceiro xulgado está máis que xustificada.
Outras emendas
Completan este documento de 28 emendas, a proposta de remate da senda peonil Alfoz- O Valadouro, a recuperación e rexeneración medioambiental e posta en valor do Río Masma, ao seu paso polos concellos de Barreiros e Foz, e a construcción dun paseo fluvial no Río Baos en Lourenzá. Demandan tamén unha partida para obras de adecuación e rehabilitación no Centro de Día de Lourenzá.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



