Viveiro, 10 de decembro, 2025. Adif vén de licitar un investimento de 3,77 millóns de euros para executar obras de mellora da infraestrutura e reparación de desmontes entre os puntos quilométricos 19 e 40 do tramo Ferrol–Viveiro, pertencente á liña de ancho métrico Ferrol–Pravia.
A actuación céntrase no reforzo de 9 trincheiras distribuídas ao longo de máis de 20 quilómetros, co obxectivo de incrementar a seguridade e fiabilidade da circulación ferroviaria.
En que consisten as obras?
Os traballos previstos inclúen:
• Retirada das mallas existentes
• Desbroce e tala de árbores
• Saneo e estabilización dos taludes
• Limpeza e protección das zonas afectadas
• Reposición de mallas e materiais de reforzo
Estas intervencións permitirán reparar, asentar e protexer de forma permanente as áreas en talude situadas xunto á plataforma da vía, especialmente vulnerables ás choivas e a outros fenómenos meteorolóxicos adversos.
Melloras continuadas na liña Ferrol–Pravia
Esta nova licitación súmase a outras actuacións recentes destinadas a reforzar a fiabilidade da rede de ancho métrico en Galicia.
• Máis de 2 millóns de euros investidos en taludes e trincheiras na provincia de Lugo, en puntos como Area Longa (Foz) e o tramo Viveiro–Xove.
• 3,4 millóns de euros adxudicados en xullo para reforzar trincheiras entre Ortigueira e Burela, nun tramo de 55 km entre A Coruña e Lugo.
Compromiso con infraestruturas seguras e sostibles
Estas actuacións forman parte do plan de renovación e mantemento da rede convencional e contribúen ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 9, orientado á creación de infraestruturas fiables, sostibles e de calidade.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



