Coa ausencia de Jason dende o minuto 1, sumando a de Charly, o Burela sofre na segunda parte polas poucas rotacións
Burela, 6 de decembro, 2025. A pesar da ausencia de Jason durante todo o partido, sumando a de Charly, que foi convocado tras recibir o alta onte pero non xogou por precaución, o Burela fixo unha moi boa primeira parte aínda que as poucas rotacións non permitiron aguantar a un equipo que continuou loitando ata o último segundo no que encaixou o gol da derrota.
No primeiro minuto Jason ten que ser retirado de pista tras un golpe na perna e a primeira ocasión clara será para o Burela, un disparo de Izan que se vai fóra rozando o pau. Continúan presionando os locais na área rival e disparando a porta sen acertos, outro de Alan no 5 que se escapa lonxe da meta. Bonita xogada de Izan no 7 que levanta o balón e remata cun xiro desde a área e vólvea a ter, esta vez Alán, segundos despois, cun disparo desde a área que logra atrapar Beumala polos pelos. Falta peligrosísima no minuto 8 que saca Víctor Pérez cedéndolle o disparo a Tapias, pero váiselle por encima do traveseiro lonxe da portería. Sen ocasións claras para os visitantes ata o momento, no 9 remata Recasens un saque de esquina que desvía Pitero e disparo de Pitero no 11 que despexa o guardameta blaugrana. Tras unha ocasión de Víctor Pérez que corre pola banda e dispara preto do segundo pau, Pitero case anota o primeiro tras un pase de Alberto que remata case ao bordo da liña de meta, atopándose de novo con Beumala. Falta perigosa para os mariñáns, no 13 que saca Izan cun disparo raso directo que saca o porteiro co pé e outra de Marquinho que tamén despexa un traballador Guillem. Outra ocasión de Sequero que se vai fóra nunha saída á liña da área de João e balón ao traveseiro de Sergi Viedma segundos despois rematando un córner. Chega o 1-0 no minuto 16 tras un saque de falta que saca e cede en curto Marquinho a Izan, batendo, por fin, o xogador coirense a Guillem Beumala.
Na segunda parte o Barça Atlètic sae con intención de empatar, presionando na área rival e con tripla ocasión con Recansens no minuto 23 que logra despexar João nunha situación de infarto. Volve despexar o porteiro brasileiro un peligrosísimo disparo de Gaizka no 25 e case a volve a ter un minuto despois pero escápaselle a ocasión. Sácaa Joao dando no pau no 28 e tena Izan dous minutos despois pero non logra finalizar. Tras moitos intentos e aproveitando o cansancio do Burela debido ás poucas rotacións, logra empatar o partido o conxunto blaugrana, cun gol de Jordi Sánchez que remata un balón desde o segundo pau. No último minuto ambos equipos apostan polo xogo de cinco, con Víctor Pérez de porteiro-xogador para os visitantes e Pitero coa intención de saír por parte do Burela pero sen tempo para ningún intento de ataque, a cinco décimas do final o propio Víctor Perez logra adiantar o marcador sentenciando o partido.
Ficha Técnica Burela FS 1-2 Barça Atlètic
Burela FS (1): João Silva; Pitero (C), Jason, Alberto, Izan, – quinteto inicial-, Marquinho, Meira, Alán, Walter.
Barça Atlètic (2): Guillem Beumala; Joel Miñano, Rubén Rodó, Recansens (C), Sequero –quinteto inicial-, Roger, Sergi Viedma, Víctor Pérez, Jordi Sánchez, Tapias, Gaizka.
Goles: 1-0-, min. 16: Izan. 1-1, min. 33: Jordi Sánchez. 1-2, min. 40: Víctor Pérez.
Árbitros: Jesús Montero // Luis Manuel Manso // Miguel Jesús Rodríguez // Andrea González. Por parte do Burela viron tarxeta amarela Pitero (31’) e João Silva (‘32). Por parte do Barça Atlétic, Víctor Pérez (16’) e Recasens (31’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


