Trabada, 1 de decembro de 2025. O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha do Campamento de Nadal 2025-2026, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio ou con familiares empadroados. O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e incluirá obradoiros, talleres, xogos e outras sorpresas, ofrecendo ás crianzas un espazo seguro e educativo durante as vacacións escolares.
As inscricións estarán abertas do 1 ao 16 de decembro nas oficinas do Concello. As prazas son limitadas.
O alcalde de Trabada destacou a importancia desta iniciativa como parte das políticas de apoio ás familias: “Dende o Concello de Trabada organizamos un ano máis este campamento de Nadal, un programa de conciliación que ofertamos para as nosas familias e adicado aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. Vai ser totalmente gratuíto e o prazo de inscrición ábrese o luns 1 de decembro. Quero poñer en valor a implicación que temos coas familias de Trabada, e lembrar que este programa se suma a outros de conciliación que ofrecemos durante todo o ano, como o de Madrugadores e o Ludiseráns, e tamén nos meses de verán co campamento de verán e o campamento xuvenil”.
Con esta proposta, o Concello reforza o seu compromiso coa conciliación familiar, o apoio á infancia e o desenvolvemento de actividades educativas e de lecer que contribúan ao benestar da comunidade.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



