Ribadeo, 2 de xaneiro de 2026. Todo está listo en Ribadeo para Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro luns, 5 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “as súas Maxestades de Oriente sairán nas súas carrozas desde a rúa Clemente Matínez Pasarón para percorrer acompañados de todo o seu séquito as principais rúas de Ribadeo”.
A edil ribadense subliña que “hai moito traballo detrás de todo o que as familias van poder ver na rúa o vindeiro luns, 5 de xaneiro. O Concello organiza esta cita coa que colaboraron moitas persoas voluntarias ao longo das últimas semanas ás que hoxe lles queremos agradecer todo o traballo e o apoio. Ao igual que ás empresas de Ribadeo, polas súas achegas como patrocinadores ou colaboradores, canalizadas a través de Acisa Ribadeo, a quen tamén lle agradecemos desde o Concello a súa labor. Todos xuntos tentamos darlle un aire novo á Cabalgata de Reis de Ribadeo para que luza diferente e o máis bonita posible”.
Marta Saiz indica que “unha vez rematado o percorrido Melchor, Gaspar e Baltasar dirixiranse ata o Concello de Ribadeo e desde o balcón saudarán aos presentes. E xa despois será cando se trasladen ao Salón dos Alcaldes para recibir a todas as nenas e os nenos que queiran achegarse a velos e a facer fotos con eles
A concelleira de Comercio de Turismo, Marta Saiz, engade: “son unha tarde e unha noite moi especiais para os máis pequenos da casa e consideramos que Ribadeo creará toda a maxia que unha cita deste tipo precisa”.
Marta Saiz e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, animan “a encher as rúas de Ribadeo o vindeiro luns, 5 de decembro, a partir das 18:00 horas para que as súas Maxestades de Oriente se sintan arroupados e queridos. Veñen de moi lonxe e agárdaos unha longa noite de reparto de agasallos por todos os fogares ribadenses”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



