Ribadeo, 19 de febreiro, 2026. O BNG de Ribadeo insta ao alcalde do municipio a apoiar a iniciativa anunciada pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, para reclamar a aplicación do chamado Modelo Muras nas compensacións derivadas do parque eólico Mondigo, promovido pola empresa Recursos de Galicia.
Desde a formación nacionalista consideran que esta postura representa “un paso firme na defensa dos intereses da veciñanza” e un exemplo de como deben xestionarse os recursos naturais do territorio. Lembran que o Modelo Muras —aplicado no concello homónimo nun acordo con Iberdrola— permitiu establecer compensacións directas e colectivas para toda a poboación.
O concelleiro do BNG, Martín Graña, subliñou que “se en Muras foi posible acadar un acordo beneficioso para toda a veciñanza cunha empresa privada, con máis razón debe selo agora, cando falamos dun proxecto no que participa capital público da Xunta”. Engadiu que “non se pode permitir que a explotación dos nosos recursos deixe migallas no territorio mentres os beneficios marchan fóra. Debemos ser ambiciosos e conseguir beneficios reais para o conxunto da veciñanza”.
O BNG defende que Ribadeo debe reclamar, xunto con Barreiros e Trabada, unha partida económica suficiente para bonificar as facturas da luz de todas as persoas empadronadas, así como garantir unha porcentaxe non inferior ao 2,5% da produción do parque destinada a actividades sociais e comunitarias. “Falamos de xustiza social e de retorno real para quen soporta o impacto ambiental e territorial destas infraestruturas”, apuntou Graña.
O edil advertiu tamén de que o modelo baseado en compensacións individualizadas segundo a proximidade ás instalacións “é unha boa nova, pero ten uns beneficios moi limitados”. Pola contra, afirmou, “o Modelo Muras garante que a riqueza xerada polos nosos recursos naturais repercuta no conxunto da veciñanza, fortalecendo os servizos públicos e o tecido social”.
Finalmente, o BNG de Ribadeo fai un chamamento ao alcalde para que abandone “calquera postura pasiva” e lidere, xunto con Barreiros e Trabada, unha fronte común en defensa dos intereses da cidadanía dos tres concellos. “Estamos ante unha oportunidade para demostrar que os concellos poden e deben esixir condicións xustas. Ribadeo non pode quedar á marxe”, concluíu Graña.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



