O rexedor popular advirte da falta de efectivos toda vez que “dos 8 que figuran no Catálogo só dispoñemos dun Cabo porque os restantes se atopan de baixa e a praza de Sarxento está sen cubrir”
O Vicedo, 24 de setembro de 2026.- O Partido Popular esixe a cobertura das prazas vacantes no Posto da Garda Civil do Vicedo e adoptar as medidas necesarias para suplir as baixas existentes de forma que “se recupere a dotación efectiva de persoal” para poder atender con medios propios os servizos ordinarios.
O alcalde, Jesús Novo, explica que “na actualidade o Posto do Vicedo só dispón dun efectivo” xa que dos 8 efectivos que recolle o Catálogo os restantes se atopan de baixa e a praza de Sarxento se atopa sen cubrir porque “non foi convocada”.
Ante esta situación, “os veciños e veciñas do Vicedo non dispoñen de atención presencial todos os días da semana nas dependencias do municipio” porque “só se presta cando o Cabo está de servizo”. Ademais, para conformar patrullas “teñen que vir gardas de Viveiro ou Xove”.
Así o recoñece o Goberno de Sánchez en resposta ás preguntas formuladas no Senado polos representantes do PP lucense -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano- onde asegura que a operatividade “é atendida habitualmente por patrullas do Núcleo de Viveiro e reforzada nalgunha ocasión, tanto por outras patrullas de Seguridade Cidadá do Núcleo de Burela, como de maneira puntual pola PAFIF de Foz e o SEPRONA de Xove”.
Os senadores populares afean que “o Goberno de Sánchez non respondera sobre a previsión para completar a dotación do Posto do Vicedo para garantir a adecuada prestación do servizo” que era outra das preguntas debidamente formuladas por escrito ás que o Executivo non deu resposta no prazo establecido.
Novo censura que o Goberno de Sánchez normalice esta situación que considera “unha burla para O Vicedo”. De feito, cre que “os veciños e veciñas do Vicedo merecemos que se preste o servizo con normalidade con persoal propio”.
Os senadores lucenses do PP cren que “a Garda Civil é un servizo esencial para a seguridade dos veciños e veciñas e para a atención das incidencias cotiás” polo que “resulta incomprensible que o Goberno de Sánchez permita que un Posto da Garda Civil poida quedar sen capacidade operativa efectiva durante un período prolongado de tempo”.
Así mesmo, lembran que “esta situación de falta de persoal afecta a numerosos postos na provincia de Lugo” o que consideran “un exemplo máis do progresivo deterioro dos servizos da Garda Civil no rural lucense e, en xeral, dos recortes do Goberno de Sánchez nos servizos públicos do noso territorio”.
Os populares consideran “especialmente incomprensible que O Vicedo dispoña dun cuartel de recente construción e, ao mesmo tempo, careza dos efectivos necesarios para garantir a súa plena operatividade e unha atención presencial ordinaria á cidadanía. Unhas instalacións adecuadas non serven de nada se o Goberno de España non garante o persoal necesario para prestar o servizo”, aseguran.
PROPOSTA PARA O PLENO DO CONCELLO
O alcalde levará ao Pleno do Concello do próximo 30 de setembro unha proposta para esixir ao Goberno de España a cobertura das baixas e prazas vacantes no Posto da Garda Civil do Vicedo para a que agarda o apoio de toda a Corporación Local.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



