RIBADEO (FNC) .- O Concello prepara o plan de mobilidade urbana para establecer formas de desprazamento máis sostibles. O edil de Medio Ambiente subliña que vai priorizar o espazo transitable para minusválidos, peóns e ciclistas.
Horacio Cupeiro anunciou que “desde o Concello de Ribadeo estamos a preparar o plan de mobilidade urbana. É unha iniciativa promovida a través do Núcleo de Sostibilidade co ánimo de establecer formas de desprazarse máis sostibles, empregando modos de transporte máis eficientes e reducindo o impacto do desprazamento sobre os cidadáns e sobre o medio ambiente”.
O concelleiro nacionalista asegurou que “o que se pretende con este plan é potenciar a mobilidade non motorizada, así como favorecer o transporte público ou compartido e incidir en colectivos que conflúen no mesmo destino, ademais de contribuír á mellora da calidade de vida dos residentes e dos visitantes do noso concello, que ao final é realmente o máis importante”.
Segundo Cupeiro “a preparación do plan require a participación cidadá en todas as fases para recoller información documental, opinións, percepcións e valoracións dos principais colectivos e entidades do noso concello. Imos comunicarllo ao persoal do Concello, á policía local, a urbanismo, a desenvolvemento sostible, a cultura, a educación, a igualdade, a xuventude e deportes, aos taxistas, autobuses e transportistas, aos clubes ciclistas, aos grupos de montañismo e sendeirismo, aos comerciantes, a centros comerciais, centros de ensino, apas, gandeiros, asociacións veciñais e de amas de casa do concello”.
O responsable de Medio Ambiente sinalou que “con este plan intentamos priorizar o espazo transitable para minusválidos, peóns e ciclistas sobre o tráfico rodado. E ademais contemplaremos a mobilidade no futuro tendo en conta o PXOM. É un bó momento para facer este plan de mobilidade, porque tamén estamos no proceso de elaboración do plan xeral de ordenación municipal”.
Novotec será a empresa encargada de elaborar este plan de mobilidade ao longo deste ano, un proxecto ao que se destinan na anualidade de 2010 arredor de 30.000 euros.,que van con cargo á anualidade deste 2010 do Núcleo de Sostibilidade.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



