Cervo, 21 de febreiro de 2019.- O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Cibrao.
O desfile de San Cibrai partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Eclipse.
Repartiranse máis de 2000 euros en premios entre os mellores disfraces do seguinte xeito:
INDIVIDUAL: 1º premio infantil 40 euros, 2º premio infantil 20 euros, 1º premio adulto 40 euros, 2º premio adulto 20 euros.
GRUPO XUVENIL: 1º premio 200 euros, 2º premio 120 euros, 3º premio 70 euros.
PARELLAS: 1º premio infantil 70 euros, 2º premio infantil 35 euros, 1º premio adulto 70 euros, 2º premio adulto 35 euros.
COMPARSAS (máis de 9 persoas): Infantil (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros; adulto (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros).
GRUPOS (de 3 a 8 persoas): Infantil (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros); adulto (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros).
As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao, chamando ao 982.59.51.57, en horario de maña e ata o venres 1 de marzo incluído; e recibirán vales consumición para os establecementos hostaleiros locais.
Aceptaranse inscricións o mesmo día do desfile na Casa da Cultura pola mañá; e na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales.
Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha.
Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os gañadores terán que recollelo co disfrace posto.
Os interesados en asistir á Comida de Entroido que organiza o C.I.T. poden facerse co seu ticket no propio local da entidade.
Carnaval Coletudo
Esta Festa, organizada pola Asociación Protectora de Animais Coletiñas coa colaboración do Concello de Cervo, terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar, de San Cibrao.
Ás 17:00 horas comezará a Festa Infantil. A entrada custará 6 euros e estará destinada a colaborar co colectivo. Haberá merenda con doces de Entroido e chocolate, talleres de pintacaras, globoflexia e xogos musicais.
Xa ás 23:00 horas comezará a Festa de Adultos. A entrada será de 2 euros; á unha da madrugada terá lugar a entrega de premios aos disfraces máis orixinais (individual, parella e grupo). A Festa estará amenizada por Dj Posesion.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



