Alfoz 8-3-19. O pasado sábado, o grupo de teatro “Os pícaros de Lagoa” viaxou até Castro de Rei co obxectivo de homenaxear a Xosé Manuel Carballo, crego e activista cultural moi vinculado ao teatro amateur.
Xosé Manuel Carballo (falecido en 2017) era o autor da adaptación do texto Menciñeiro á forza, primeira obra representada polo grupo alfocés.
“Os pícaros de Lagoa” contactou co grupo de teatro “Os Baluros”, (colectivo dinamizado por Carballo desde a década dos ’70) coa intención de homenaxear o célebre crego na súa terra natal.
De tal xeito, os alfoceses representaron Menciñeiro á forza en Castro de Rei, no centro social que leva o nome de Xosé Manuel Carballo.
Ao redor dun centenar de persoas asistiron a unha representación onde estiveron presentes os rexedores municipais de Alfoz e de Castro de Rei, así como os familiares de Carballo.
Ao remate da función, “Os pícaros de Lagoa” foron obsequiados cunha placa conmemorativa do encontro, e mais con varios exemplares de dúas obras dramáticas do propio Carballo.
O grupo alfocés foi convidado a uns petiscos polo Concello de Castro de Rei, e durante o encontro falouse dun posíbel intercambio cultural, pois “Os Baluros” mostraron grande interese por traer as súas funcións a Alfoz, así como por coñeceren o municipio e asistiren á estrea da obra que xa están a preparar “Os pícaros de Lagoa”. A nova obra intitúlase Asilo por compasión e como sempre, chegará ao escenario o 25 de xullo, coincidindo coas festas patronais da parroquia de Lagoa.
A familia do recordado crego mostrou interese por obter a gravación da primeira representación do grupo alfocés, pois á devandita estrea asistira o propio Carballo, pronunciando unhas palabras desde o público. Esta sería unha das últimas intervencións públicas do activista chairego.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



