Lugo, 21 de marzo de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, puxo en valor, este xoves, o traballo que realiza a Asociación de Down Lugo, que atende a 65 usuarios na provincia. Fíxoo con motivo da celebración do Día Mundial desta doenza, celebrado cada 21 de marzo. Xunto con outras autoridades e usuarios deste colectivo, participou nos actos organizados pola asociación para conmemorar este día: a lectura do manifesto pola autonomía das persoas con síndrome de down; e o percorrido dende a Praza Maior ata o Pazo de San Marcos e a Muralla de Lugo, que se tinguiron das cores identificativas deste colectivo social: azul e amarelo.
López Izquierdo destacou que a labor de Down Lugo busca eliminar as barreiras e igualar e concienciar á cidadanía sobre as persoas con capacidades diferentes que integran a nosa sociedade. A través do programa de promoción da autonomía persoal e social, que conta coa financiación da Deputación, os usuarios aprenden e adquiren habilidades e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía en tarefas do ámbito doméstico, como por exemplo facer a compra semanal, cociñar, poñer unha lavadora…
Down Lugo
A Asociación de Síndrome de Down de Lugo, creada no 1996 por un grupo de pais de persoas con esta alteración xenética, é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida dos 65 usuarios que integran este colectivo, a través da súa plena integración social. Para elo, traballan en diferentes ámbitos: logopedia, reforzo escolar, inserción laboral, afectividade e a sexualidade, teatro, estimulación cognitiva ou ximnasia, entre outros.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



