Lugo, 2 de abril de 2019. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, xunto a representantes de pequenos e medianos comercios de Lugo, presentaron este martes no Pazo de San Marcos a plataforma dixital SiComercio.es, unha nova aplicación de xestión e venta online desenvolta por lucenses e orientada aos comerciantes da provincia, que poñen en marcha o Goberno Provincial e a Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Federación de Lugo e Comerciogalicia.
SiComercio.es é unha ferramenta dixital que nace para facilitar a xestión dos seus negocios aos comerciantes lucenses e fomentar a venda a través de internet, podendo chegar cos seus produtos a potenciais clientes de todo o mundo. Deste xeito, a aplicación permitirá, entre outras funcións: integrar e xestionar os principais marketplaces, como Amazon ou Ebay, nunha soa plataforma; controlar o stock de produtos dun establecemento en todo momento; ou manexar información e estatísticas en tempo real sobre a evolución dos prezos de mercado, volume de ventas por categoría de produto, etcétera.
O Executivo Provincial asume o custe deste novo sotfware durante dous anos achegando 60.000 euros para a súa creación e lanzamento, implementación nos establecementos, así como para ofrecer formación gratuíta aos comerciantes e permitir a mellora continua da aplicación, adaptando esta ferramenta á tipoloxía de cada comercio.
Santos Ramos subliñou que “estamos moi satisfeitos de presentar esta nova aplicación, que vai marcar un antes e un despois para o comercio lucense, pois permitirá, dun xeito moi sinxelo e accesible a todos os interesados, independentemente dos seus coñecementos do mundo dixital, chegar cos seus produtos a millóns de potenciais clientes. Enorgullécenos máis se cabe, que este software fora desenvolto por lucenses, o que dá boa conta do talento que hai na provincia”.
O voceiro provincial puntualizou que se trata dun “sistema pioneiro en España, de fácil utilización e implementación nos establecementos, que permitirá aos comerciantes da provincia vender onde e como queiran. Queremos dar un paso máis na necesaria dixitalización e modernización do comercio lucense e, sen dúbida, esta plataforma contribuirá a acadar este obxectivo que compartimos dende a Federación e o Goberno da Deputación”.
Pola súa parte, Seijas apuntou que “ao abrir novas canles, chegas a miles de novos clientes, pero iso implica maior xestión: múltiples stocks, diferentes prezos, loxística, etc. A maioría de negocios carecen de sistemas de xestión adecuados a esta nova situación. Moitas veces vense superados, véndose obrigados a contratar novo persoal para realizar estas tarefas, incrementando os custos operativos e reducindo a súa marxe de beneficios. De aí a utilidade desta ferramenta, que permitirá optimizar a xestión, evitando custos adicionais innecesarios”.
O Presidente da FGC engadiu que “para ser competitivo hai que levar un control minucioso do negocio: coñecer a rendibilidade de cada unha das canles, saber que produtos se venden mellor en cada canle, que produtos son máis rendibles, que referencias poderías vender e non estás a vender… en definitiva, dispoñer de información en tempo real sobre o negocio que axude a tomar decisións de forma áxil”.
Co obxectivo de dar resposta a todas estas cuestións, SiComercio.es permitirá integrar o mundo offline e online, dispoñendo de información actualizada relativa á evolución dos prezos, produtos máis vendidos, estocaxe ou volume de negocio por canal de venta (tenda física e os diferentes marketplaces), ou mesmo descubrir novos produtos, coñecendo á competencia.
Os interesados poden rexistrarse gratuitamente na plataforma (www.sicomercio.es). Nesta primeira fase de lanzamento do servizo haberá 50 prazas dispoñibles. Para máis información pode contactarse a través do teléfono 982 255 120 ou ben no correo electrónico fgc@comerciogalicia.es.
A importancia do comercio online
O comercio electrónico representa novas oportunidades de negocio para moitos comerciantes. De feito, o 76% das ofertas online nos principais marketplaces represéntanas o produto minorista e o seu comercio. É por iso que, hoxe en día, é necesaria unha estratexia que una vendas offline e online. Vender en internet non significa limitarse a ter unha tenda online. Para sacar o máximo partido da rede, é preciso vender en varias canles online simultaneamente.
Ademais, o cliente que compra a través de internet non se guía polos mesmos criterios que o cliente dunha tenda física, ou polo menos non ten o mesmo orde de prioridades. Nun mundo sen distancias como é o online, o primeiro que capta a atención do cliente é o prezo. É un feito que o cliente online compara prezos antes de comprar. Por iso, é de vital importancia dispoñer de información acerca dos prezos dos produtos respecto aos da competencia nas distintas canles.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



